ÁREA DE CIENCIA, CULTURA E SOCIEDADE

En correspondencia cos obxectivos estatutarios da Fundación Carlos Casares, a institución creou unha área de traballo baixo o nome “Ciencia, cultura e sociedade”. Baixo este epígrafe, desenvolvéronse diversas actividades de divulgación científica en distintas áreas (ciencias sociais e humanidades, bioloxía e biomedicina, recursos naturais, etc.) e a súa relación coa cultura e sociedade. Salientamos as seguintes iniciativas:

Ciclo de Ciencia e Sociedade

IV Ciclo Ciencia e Sociedade - Biodiversidade. Que sabemos dela?Este ciclo ten como obxectivo a creación dun espazo principalmente de divulgación científica, non como un foro de especialistas que, por demais, xa dispoñen de espazos máis acaídos. Xa que logo, téntase cubrir ou ofertar un programa de divulgación que poida chegar ao público non instruído nesta materia.

O tratamento de temas nos que se mestura a actualidade, o eido científico-médico, e os vencellos coa sociedade, así como as súas consideracións legais e filosóficas, suscitan sempre o interese dun público atento e formado.

 

Enlace: Noticias relacionadas co Ciclo
Enlace: Mediateca


Ciclo de conferencias e debates “Vigo: nós e a cidade”

Copia de vigo nos e a cidade copiaEsta serie de eventos celébrase como unha promoción de marcos de encontro, debate e deliberación en torno ao que poida ou deba ser a cidade de Vigo, capital xeográfica dunha rexión europea que aspira a ocupar un lugar destacado no escenario internacional.

Para estes ciclos convídase a reputados especialistas relacionados coas áreas e temas a tratar, para que presenten os seus puntos de vista tanto sobre o xa feito como sobre alternativas para o fututo diálogo directo coa cidadanía, primeira interesada e afectada por realidades que condicionan a súa cotiá convivencia.

Enlace: Noticias relacionadas co Ciclo
Enlace: Mediateca


Xornadas “Luces e sombras do Proxecto Ilustrado en España”

Xornadas Luces e sombras do proxecto ilustrado en España

O obxectivo destas xornadas foi o de avaliar a coherencia do programa reformista da Ilustración en España, coa ollada posta indirectamente nos proxectos urbanos industriais que viñeron aplicarse nas cidades de Ferrol e mais da Coruña. Ao mesmo tempo, tiña a finalidade de amosar unha parte relativamente descoñecida da historia de España e de Galicia, e apoiar con feitos a obtención de Patrimonio da Humanidade (UNESCO) no conxunto dos castelos e mais do arsenal da cidade de Ferrol.

Para conseguir estes obxectivos, conseguiuse contar coa presenza de importantes personalidades, estudosos da época da Ilustración e coñecedores dunha A Coruña e dun Ferrol ilustrados. As xornadas foron dirixidas principalmente aos estudantes universitarios da Universidade da Coruña (campus da Coruña e de Ferrol) interesados nos aspectos abordados.

Tamén se realizaron visitas guiadas a distintos espazos ilustrados das cidades para poder ver de primeira man, e con guías excepcionais, a aplicación das reformas ilustradas.

Enlace: Noticias relacionadas coas xornadas
Enlace: Mediateca.


Foro Fundación Carlos Casares – Caixanova  

Foro Fundación Carlos Casares - CaixanovaGrazas aos convenios asinados con Caixanova, durante os anos 2009 e 2010 leváronse a cabo dous foros baixo o título “Galicia internacional”. O Foro abordou, por unha banda, a internacionalización de negocios ou actividades de valor engadido nacidas en cidades e zonas periféricas, poñendo o foco nas diversas estratexias seguidas para visibilizar e potenciar ideas orixinais inicialmente soportadas por unha base local. E por outra parte, o funcionamento de diferentes estratexias de promoción cultural aplicadas en distintos ámbitos temáticos, e tamén a súa plasticidade á hora de adaptarse aos constantes cambios sociais.

As conferencias desta actividade foron dirixidas a adultos informados e preocupados polo fomento empresarial local e o deselvolvemento rexional. Empresarios de PEME, profesionais e técnicos de empresa, futuros emprendedores, profesionais autónomos do mundo da cultura (fundacións, galerismo, audiovisual, música e artes escénicas), estudantes graduados e posgraduados. Tivo a posibilidade, tamén, de servir como actividade extra-académica á Escola de Negocios Caixanova na Coruña e en Santiago de Compostela.

Enlace: Noticias relacionadas co Foro
Enlace: Mediateca


Cursos de Dereito da Cátedra Carlos Casares en Ourense

Cartel do Curso sobre o Medio

 

A Cátedra Carlos Casares vén desenvolvendo unha importante labor cultural e educativa na provincia de Ourense grazas ao patrocinio da Deputación Provincial de Ourense e á colaboración da Universidade de Vigo – Campus de Ourense. A Fundación contou coa colaboración da Facultade de Dereito de Ourense, e máis concretamente nos profesores Ana Garriga e Roberto Bustillo, para a organización destes cursos de formación sobre distintas temáticas relacionadas co Dereito e dirixidos tanto a profesionais como ao alumnado de Dereito da propia facultade.

O aumento dos desafíos aos que nos enfrontamos na sociedade do século XXI estase vivindo a través da expansión do catálogo tradicional de dereitos, e está facendo máis consciente a necesidade do seu recoñecemento e eficacia como medio para facer fronte aos ditos desafíos. Os problemas co ambiente ou os que se están a orixinar en sociedades cada vez máis multiculturais, por poñer só dous exemplos, aínda que hai outros moitos, non deixan lugar a dúbidas sobre a importancia dos dereitos humanos neste novo século.

Enlace: Noticias relacionadas cos Cursos
Enlace: Mediateca