4, 11, 18, 25 maio 2006

6, 8 xuño de 2006

Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova de Vigo

Coordinador do III Ciclo de Conferencias e Debates ‘Vigo: o home e a cidade’: Francisco Castro Veloso

A cidade de Vigo ten diante un futuro inmediato cheo de grandes proxectos necesarios para dar resposta a unha nova realidade urbana en constante transformación. O cambio de goberno na Xunta de Galicia, recente no tempo no que se desenvolvía este ciclo, supón o inicio dun novo tempo que trae consigo esperanzas e tamén interrogantes.

Coa intención de fomentar o debate sobre as cuestións que preocupan á cidade e aos cidadáns, a Fundación Carlos Casares puxo en marcha hai dous anos o ciclo ‘Vigo: o home e a cidade’. Despois de ter analizado asuntos tan cruciais como o Plan Xeral de Ordenación Municipal e o proxecto de Área Metropolitana, propoñemos este ano un repaso, que de ningún xeito pretende ser exhaustivo, de certas temáticas presentes e operantes sobre a vida cotiá da cidadanía viguesa.

Con esta edición do ciclo ‘Vigo: o home e a cidade’, quíxose propoñer para o debate algúns dos temas que parecen de especial significación, tanto pola súa actualidade coma polo compromiso que as partes involucradas deben tomar de cara ao futuro, tendo en conta as opinións daqueles colectivos máis directamente relacionados con eles.

Os grandes proxectos, as infraestruturas, as comunicacións, os espazos históricos, as necesidades da administracións de xustiza e as novas formas de utilizar a rúa como espazo de relación son as propostas que se someteron á consideración dos cidadáns neste III Ciclo de Conferencias e Debates ‘Vigo: o home e a cidade’, “Vigo, futuro inmediato: os grandes proxectos”, coordinado nesta edición polo profesor, escritor e dinamizador cultural Francisco Castro Veloso.

PROGRAMA:

4 MAIO, 20 horas

Conferencia inaugural: Vigo, futuro inmediato: os grandes proxectos
María Xosé Caride (Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia)
Presentan: José Luis Pego (Director Xeral de Caixanova)
Kristina Berg (Presidenta da Fundación Carlos Casares)

pego_caride_berg.jpg

J. L. Pego, Mª X. Caride, K. Berg

 

11 MAIO, 20 horas

Conferencia: Vigo e o seu porto
Abel Caballero (Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo)
Presentan: Abel Losada

Pedro Blanco (Xerente da Fundación Carlos Casares)

losada_caballero_blanco.jpg

A. Losada, A, Caballero, P. Blanco

18 MAIO, 20 horas

Mesa redonda: Espazos históricos: ¿Que facemos co Casco Vello?
Lalo Vázquez Gil (Cronista Oficial da Cidade de Vigo)
Enrique Macías (Presidente da Asociación de Veciños do Casco Vello)
Alfonso Ramos (Xerente do Consorcio do Casco Vello)
José Antonio Martín Curty (Arquitecto)
Moderador: Francisco Castro

ramos_vazquezgil_castro_macias_martincurty.jpg

A. Ramos, E. Vázquez Gil, F. Castro, E. Macías, J. A. Martín Curty

25 MAIO, 20 horas

Mesa redonda: As necesidades da Xustiza: ¿Como afrontar os malos tratos?
Carme Adán (Directora Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia)
Santiago Roura Gómez (Director Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia)
Rosa Fontaíña (Coordinadora da Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos)
Lucía Fernández Manso (Avogada de Mulleres Progresistas)
Moderador: Gerardo González Martín

fontaina_adan_glezmartin_roura_fdezmanso.jpg

R. Fontaíña, C. Adán, G. Glez. Martín, S. Roura, L. Fdez. Manso

6 XUÑO, 20 horas

Mesa redonda: Comunicacións: as necesidades urxentes de Vigo (o AVE e o aeroporto)
Juan Ramón Güell Cancela (Presidente do Clube Financeiro de Vigo)
José Manuel Fernández Alvariño (Presidente da Confederación de Empresarios da Provincia de Pontevedra)
Moderadora: Ana Guantes

guell_guantes_fdezalvarino.jpg

J. R. Güell, A. Guantes, J. M. Fdez. Alvariño

8 XUÑO, 20 horas

Mesa redonda: A mocidade: espazos para o lecer (¿hai alternativa ao ‘botellón’?)
Jesús Cancelo Martínez (Director de Alborada)
Juan Blanco Gutiérrez (Xuventudes Socialistas – PSOE-PSdeG)
Ángel Latas (Novas Xeracións – PP)
Alberte Vila (Galiza Nova – BNG)
Moderador: Francisco Castro

cancelo_latas_castro_vila_blanco.jpg

J. Cancelo, A. Latas, F. Castro, A. Vila, J. Blanco