PUBLICACIÓNS

Dende un primeiro momento, a Fundación Carlos Casares interesouse en producir contidos ao redor da figura do escritor ourensán, pero tamén das súas actividades culturais. Estas son as nosas publicacións, en formato físico como ou dixital, e tanto en solitario como en colaboración con outras entidades:

PUBLICACIÓNS SOBRE CARLOS CASARES

Carlos Casares punto de encontroCarlos Casares, punto de encontro: lembranza e homenaxe dende Ourense
VALCÁRCEL, Marcos (coord.)
Colección Auria, 7. Concello de Ourense. Ourense (2002)
ISBN 84-87623-56-5
Volume que aglutina textos da presenza en Ourense de Carlos Casares (artigos e entrevistas) e textos de homenaxe a Carlos Casares e a súa vida en Ourense.


Carlos Casares (Ramón Loureiro)Carlos Casares
LOUREIRO, Ramón
Promocións Culturais Galegas. A Nosa Terra. Vigo (2003)
ISBN 84-96203-51-4
Libro en convenio de colaboración con Promocións Culturais Galegas sobre a vida do escritor ourensán.

 


Carlos Casares os amigos, as imaxes, as palabrasCarlos Casares. Os amigos, as imaxes, as palabras
VVAA
Promocións Culturais Galegas. A Nosa Terra. Vigo (2004)
ISBN 84-96403-20-3
Obra colectiva de máis de 50 personalidades da cultura, política e sociedade de Galicia en recordo de Carlos Casares. Libro en convenio con Promocións Culturais Galegas.

 


Portada das Actas do Simposio Internacional Carlos CasaresActas Simposio Carlos Casares
VVAA
Fundación Carlos Casares. Vigo (2010)
ISBN 978-84-613-3642-9
O Simposio Internacional Carlos Casares desenvolveuse en Ourense a finais do ano 2007, no ámbito da Cátedra Carlos Casares da Universidade de Vigo-Campus de Ourense, co fin de afondar na figura e a obra do escritor ourensán. Tratouse dunha primeira aproximación ao estudo e a investigación dunha personalidade tan variada e aberta, acometida por especialistas, amigos persoais e estudosos que impartiron conferencias e paneis. Lectura e descarga gratuítas: Actas do Simposio Internacional Carlos Casares


a-ledicia-de-ler-cuadernos-da-escola-dramatica-galega-web-Artigos de “A Ledicia de Ler” en La Voz de Galicia
Carlos Casares
Fundación Carlos Casares
Reedición dos artigos máis interesantes da sección “A Ledicia de Ler” que Carlos Casares mantiña en La Voz de Galicia dende 1975 e ata mediados da década de 1980, nos que Casares daba conta das novidades editoriais dá época e reflexionaba tamén sobre diversos temas literarios e lingüísticos. Lectura e descarga gratuítas: A Ledicia de Ler


 

PUBLICACIÓNS SOBRE ACTIVIDADES DA FUNDACIÓN

 

Culturas, civilizacións e sociedade global. 
VVAA
Xerais. Ensaio. Colección Biblioteca Fundación Carlos Casares. Vigo (2005)
ISBN 84-8288-843-9
Actas dos I Encontros de Mondariz-Balneario. Reúne as intervencións de Darío Valcárcel, director da revista Política exterior; Gema Martín Muñoz, arabista da Universidade Autónoma de Madrid; Eugenio Trías, filósofo; Darío Villanueva, catedrático de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela; Fernando Savater, filósofo; e Josep Borrell, economista e presidente do Parlamento Europeo.


O goberno do mundo_bO goberno do mundo. Presente e perspectivas do estado nacional
VVAA
Xerais. Ensaio. Colección Biblioteca Fundación Carlos Casares. Vigo (2006)
ISBN 978-84-8288-937-5
Actas dos II Encontros de Mondariz-Balneario. Reúne as intervencións de Emilio Lamo de Espinosa, Xavier Rubert de Ventós, Ramón Máiz, John Keane e Danilo Zolo.

 


Violencia e conflitos bélicos no novo séculoViolencia e conflitos bélicos no novo século
VVAA
Xerais. Ensaio. Colección Biblioteca Fundación Carlos Casares. Vigo (2007)
ISBN 978-84-9865-003-7
Actas dos III Encontros de Mondariz-Balneario. Reúne as intervencións de Xosé Fortes Bouzán, historiador e  ex-militar, membro da UMD (Unión Militar Democrática); Felipe Fernández-Armesto, catedrático da Universidade de Tufts; Miguel Ángel Fernández Fernández, almirante da Armada retirado; Alberto Oliart, ex-ministro español; Rafael Vilasanjuán, xornalista e director de comunicación de Médicos Sen Fronteiras; e o xornalista e director de Le Monde Diplomatique e fundador de ATTAC, Bernard Cassen.


O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares
GARRIDO, Gustavo A., VALVERDE, Miguel (Eds.)
Vigo. 2015