Por toda Galicia se suceden as mostras de recoñecemento e homenaxe a Carlos Casares tras a súa morte.
ESTATUAS
- Estatua de Carlos Casares no grupo escultórico de persoeiros da cultura da Praza de San Xosé da cidade de Pontevedra (13 de xaneiro de 2006. Escultor: César Lombera).
- Réplica do devandito conxunto no interior do Café Moderno (Fundación Caixa Galicia) sito na mesma praza.
SALÓNS, AULAS E PLACAS
- Salón de Plenos ‘Carlos Casares’ do Concello de Catoira (Pontevedra).
- Placa de homenaxe na Sala de Tertulias do Liceo de Ourense.
- Placa na Pobra de Trives.
- Placa na Pobra do Caramiñal.
- Placa na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.
- Na Cafetería Monterrei (Baiona, Pontevedra), lugar habitual de tertulia de Gonzalo Torrente Ballester, Manuel Prego de Oliver e Carlos Casares, entre outros. Hai numerosas fotos arredor da mesa que ocupaban, sempre a mesma, e unha placa conmemorativa dos asistentes. De cando en vez, a cafetería acolle actos de lembranza desas tertulias.
- Placa-medalla na Sala das Letras Galegas do Parlamento de Galicia.
PRAZAS, RÚAS E PASEOS
- ‘Memorial Carlos Casares’, no Paseo Marítimo de Panxón (Nigrán): itinerario composto por unha serie de 10 placas en memoria de obras literarias de Carlos Casares e un monolito de homaxe ao autor. Tempo empregado no percorrido: 10-15 minutos. Contacto: Concello de Nigrán (Pontevedra).
- Xardíns de Carlos Casares en A Porqueira.
- Paseo de Carlos Casares en Gondomar.
- Praza de Carlos Casares de Xinzo de Limia.
- Praza de Carlos Casares no barrio de Esteiro de Ferrol.
- Praza de Carlos Casares en Santiago de Compostela.
- Praza de Carlos Casares de Nigrán.
- Praza de Carlos Casares en Vigo (no parque situado á altura do número 20 da rúa Pintor Colmeiro).
- Parque Carlos Casares en A Coruña.
- Rúa de Carlos Casares en Ribadavia.
- Rúa de Carlos Casares en Carballo.
- Rúa de Carlos Casares en Ribeira.
- Rúa de Carlos Casares en Lalín.
- Rúa de Carlos Casares en Cangas.
- Rúa de Carlos Casares en Narón.
- Rúa Carlos Casares en Monforte de Lemos.
- Roteiro literario Carlos Casares na cidade de Ourense.
CENTROS DE ENSINO
- IES Carlos Casares de Viana do Bolo (Ourense).
- IES Carlos Casares de Vigo (Pontevedra). Blog do centro e revista “Manda Carallo”.
- CEP Carlos Casares de Alxén (Salvaterra de Miño – Pontevedra).
- CEIP Carlos Casares de Nigrán (Pontevedra). Blog do centro.
- CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia (Ourense)
- Cátedra Carlos Casares do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
OUTROS
- A empresa de transportes Castromil, que bautizou vehículos da súa flota de autobuses con nomes de relevantes persoeiros de Galicia, dedicou un a Carlos Casares.