8 / Febreiro / 2010
Iniciamos, coa publicación do audio da conferencia que Luis Collado, responsable de Google Search Books para España e Portugal, impartiu en 2008 no Curso de Comunicación Audiovisual de Celanova, unha nova serie de documentos que coidamos de grande interese e utilidade. A conferencia, titulada “A experiencia de Google. Cara a onde camiña a rede”, realiza un achegamento histórico e conceptual ao medio da internet, asà como aos retos que enfronta Google para a transmisión e difusión da información.
 De forma periódica seguiremos engadindo máis documentos sonoros nesta sección “Publicacións“, que se pode atopar no menú da esquerda. Estes arquivos, xunto con textos descargables como o xa publicado (Actas do Simposio Internacional Carlos Casares), aumentan a nosa oferta libre a través da rede.
5 / Febreiro / 2010
O xornal Galicia Hoxe recolle, na edición do pasado luns dÃa 2 de febreiro, unha interesante entrevista de Lupe Gómez ao poeta Román Raña, que ten na rúa, dende o pasado novembro, o seu último poemario: O incendio das palabras  (Espiral Maior), obra galardonada co XXV Premio de PoesÃa Cidade de Ourense. Raña (Vigo, 1960), ten xa no seu haber un rosario de premios que o colocan nun lugar de referencia dentro do mundo literario galego: EsquÃo (1987); MartÃn Codax (1997); Caixanova de PoesÃa e tamén o da CrÃtica Española (2005), entre outros.
A xornalista, nunha intelixente conversa co poeta, fai agromar nel o mundo da infancia: os veráns e as festas en Carballedo, a brancura das dunas de Samil, o balbordo da veciñanza viguesa, para conducilo, de vagar, polas lembranzas dos amigos e as sinceras reflexións sobre a poesÃa mesma e os seus protagonistas.Â
Román Raña é profesor de Lingua e literatura galegas en Vigo e crÃtico literario, ademais de poeta. Coordina os Diálogos Literarios de Mariñán que organiza anualmente a Fundación Carlos Casares no pazo que a Deputación da Coruña conserva en Bergondo. Pódese atopar outra entrevista ao autor no semanario A Nosa Terra.