Category

Noticias

Noticias

Nigrán e a fundación, unidas para homenaxear a Carlos Casares

O Concello de Nigrán e a Fundación Carlos Casares colaboran un ano máis para homenaxear, potenciar e dar a coñecer a figura e a obra de Carlos Casares entre a mocidade de Nigrán a través dun concurso literario. Froito desta unión é unha convocatoria da Gala ‘Carlos Casares no camiño das artes’, que consta do concurso escolar municipal de relato curto…

Continue reading
Noticias

V Xornadas Videoxogo e Literatura

As V Xornadas de Videoxogo e Literatura son unha actividade anual da Fundación Carlos Casares, que pretende abordar o sector cunha perspectiva transversal, sen perder de vista a relación coa literatura e as súas técnicas, así como as relacións que se establecen con outros sectores culturais e creativos. As Xornadas de Videoxogo e Literatura pretenden, tamén, ampliar o coñecemento público…

Continue reading
Actividades, CeMAC, Noticias

O fío do futuro do audioviusal galego a debate no XIX Curso de Medios Audiovisuais de Celanvoa (CeMAC23)

A Fundación Carlos Casares, coa Vicerreitoría do Campus de Ourense, o Concello de Celanova, a Deputación Provincial de Ourense, a Xunta de Galicia, e co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), promove o XIX Curso de Verán de Extensión Universitaria (CeMAC 2023) Rodamos. O audiovisual no fío do futuro, unha nova achega na liña temática iniciada hai dezanove…

Continue reading
Actividades, Exposicións, Noticias

Catoira homenaxea a Kristina Berg

O día 10 de maio quedou inaugurada a mostra “Kristina Berg. Unha moza viquinga” na sala do Centro de Activación Cultural Torres de Oeste (CACTO) que leva o seu nome. Ao acto asistiron o comisario da mostra, Gustavo A. Garrido, o administrador da fundación, Håkan Olof Casares, o alcalde de Catoira, Alberto García e o tenente alcalde Javier César. O…

Continue reading
Actividades, Noticias

Cristian Fojón Caruncho imparte unha clase maxistral de debuxo e banda deseñada en Xinzo de Limia

O pasado 4 de maio celebrouse, dentro do programa de actividades anuais que a Fundación Carlos Casares realiza en Xinzo de Limia, grazas á subvención que a entidade recibe do concello limiao, a Master Class de cómic de Cristian Fojón Caruncho no IES Lagoa de Antela. Foi organizada, xunto co profesorado de Plástica do centro, para unha vintena de alumnos…

Continue reading
Actividades, Noticias

“Sorrisos por un mundo” inicia a xeira 2023 pola provincia de Pontevedra

A exposición “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” vai viaxando, un ano máis, polos centros de ensino e as bibliotecas de Galicia. Comezamos a xeira 2023 pola provincia de Pontevedra, no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde estivo do 9/03 ao 17/04.Ao día seguinte, martes 18, instalouse na Biblioteca Luis Seoane de Soutomaior, onde permanecerá ata o…

Continue reading