RECOÑECEMENTOS E HOMENAXES

Por toda Galicia se suceden as mostras de recoñecemento e homenaxe a Carlos Casares tras a súa morte.

ESTATUAS

  • Estatua de Carlos Casares no grupo escultórico de persoeiros da cultura da Praza de San Xosé da cidade de Pontevedra (13 de xaneiro de 2006. Escultor: César Lombera).
  • Réplica do devandito conxunto no interior do Café Moderno (Fundación Caixa Galicia) sito na mesma praza.

SALÓNS, AULAS E PLACAS

  • Salón de Plenos ‘Carlos Casares’ do Concello de Catoira (Pontevedra).
  • Placa de homenaxe na Sala de Tertulias do Liceo de Ourense.
  • Placa na Pobra de Trives.
  • Placa na Pobra do Caramiñal.
  • Placa na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.
  • Na Cafetería Monterrei (Baiona, Pontevedra), lugar habitual de tertulia de Gonzalo Torrente Ballester, Manuel Prego de Oliver e Carlos Casares, entre outros. Hai numerosas fotos arredor da mesa que ocupaban, sempre a mesma, e unha placa conmemorativa dos asistentes. De cando en vez, a cafetería acolle actos de lembranza desas tertulias.

PRAZAS, RÚAS E PASEOS

CENTROS DE ENSINO

OUTROS

  • A empresa de transportes Castromil, que bautizou vehículos da súa flota de autobuses con nomes de relevantes persoeiros de Galicia, dedicou un a Carlos Casares.