7, 14, 21, 28 abril 2005

5, 11, 19 maio 2005

Auditorio e Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova de Vigo

O II Ciclo de conferencias e debates ‘Vigo: o home e a cidade’ quixo centrarse na realidade emerxente que significa a denominada ‘Área Metropolitana de Vigo’ como institución estruturadora do territorio a partir do proxecto de lei aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 13 de xaneiro de 2005. Esta nova entidade de administración territorial integraría aos concellos de Vigo, Porriño, Cangas do Morrazo, Moaña, Baiona, Gondomar, Nigrán, Redondela, Salceda de Caselas, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Soutomaior e Salvaterra de Miño.

Nacida a partir dunha proposta desenvolvida pola Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, a Área Metropolitana de Vigo é a primeira entidade destas características que se pretendeu establecer en Galicia. A importancia da súa creación vén dada polo amplo abano de asuntos sobre os que podería asumir competencias: promoción económica, emprego, transporte, ordenación urbanística, infraestruturas viarias, turismo, saneamento, abastecemento de augas, residuos… A Área Metropolitana pode converterse deste xeito nunha institución de referencia en moitos aspectos claves para a calidade de vida dos cidadáns e para unha maior coordinación da xestión pública no conxunto da bisbarra viguesa.

A segunda edición do Ciclo de conferencias e debates ‘Vigo: o home e a cidade’ propuxo aos cidadáns un achegamento plural e rigoroso á natureza e potencialidades desta nova institución. A Fundación Carlos Casares convocou para este debate a alcaldes dos concellos afectados e outros representantes políticos, urbanistas e economistas que aportarán candanseu particular enfoque sobre esta Área Metropolitana, tencionando deste xeito contribuír ao afondamento nunha iniciativa non ben coñecida pola cidadanía, pero chamada a xogar un papel de gran relevo no futuro inmediato de Vigo e dos seus concellos limítrofes.

PROGRAMA:

7 ABRIL; Auditorio do Centro Social Caixanova, 20 horas

Presentación do ciclo:

Guillermo Brea (Director da Obra Social de Caixanova)

Damián Villalaín (Director da Fundación Carlos Casares)

presentacion_villalain_brea_1.jpg

D. Villalaín, G. Brea

Conferencia inaugural: Vigo, e a súa Área Metropolitana
José Manuel Figueroa (Concelleiro de Urbanismo do Concello de Vigo)

figueroa_villalain.jpg

J. M. Figueroa, D. Villalaín

14 ABRIL; Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova, 20 horas

Conferencia: Da Área Metropolitana á Rexión Urbana
Andrés Precedo Ledo (Catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela)

precedoledo_villalain.jpg

A. Precedo Ledo, D. Villalaín

21 ABRIL; Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova, 20 horas

Conferencia: Nigrán e a Área Metropolitana
Alfredo Rodríguez Millares (Alcalde de Nigrán)

rodriguezmillares_villalain_1.jpg

A. Rguez Millares, D. Villalaín

rodriguezmillares_villalain_3.jpg

A. Rguez. Millares, D. Villalaín

28 ABRIL; Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova, 20 horas

Conferencia: Sobre estratexias e políticas supramunicipais
Albino Prada (Profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo)

prada.jpg

Albino Prada

5 MAIO; Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova, 20 horas

Conferencia: Cangas e a Área Metropolitana
José Enrique Sotelo (Alcalde de Cangas do Morrazo)

sotelo_villalain.jpg

J. E. Sotelo, D. Villalaín

11 MAIO; Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova, 20 horas

Mesa redonda
Norman Pérez Orozco (Xerente da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo)
Miguel Barros (Presidente do Comité Comarcal do PsdeG-PSOE)
Xosé Henrique Rodríguez Peña (Deputado do BNG)
Alfonso Rueda de Valenzuela (Director Xeral de Administración Local)
Manoel Soto (Partido Galeguista)
Moderador: Gerardo González Martín (Xornalista)

De esquerda a dereita nas imaxes:

N. Pérez Orozco, A. Rueda, G. González Martín, M. Barros, M. Soto, X. H. Rguez. Peña

perezorozco_rueda_glezmartin_barros_soto_rguezpena_2.jpg

perezorozco_rueda_glezmartin_barros_soto_rguezpena_3.jpg

perezorozco_rueda_glezmartin_barros_soto_rguezpena_4.jpg

perezorozco_rueda_glezmartin_barros_soto_rguezpena_5.jpg

19 MAIO; Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova, 20 horas

Conferencia: Áreas metropolitanas e ordenación do territorio
Ánxel Viña (Urbanista)
Juan Luis Dalda (Urbanista)

dalda_villalain_1.jpg

J. L. Dalda, D. Villalaín

dalda_villalain_2.jpg

J. L. Dalda, D. Villalaín

Acto de clausura do II Ciclo de conferencias e debates ‘Vigo: o home e a cidade’

Imaxes do público asisitente ás sesións do ciclo:

r0011510.jpg

r0011517.jpg

r0011522.jpg

r0011527.jpg

Os participantes:

José Manuel Figueroa Vila

(Vigo, 1961) Empresario. No ano 1987 chega á Corporación Municipal de Vigo como concelleiro do Partido Popular, cargo que mantén ininterrompidamente deica a actualidade, complementado co de voceiro do seu grupo municipal. Foi asesor da Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia entre 1992 e 1995 e Concelleiro de Deportes, Comercio e Turismo e Delegado do Alcalde no Eixo Atlántico dende 1995 até 1999. No ano 1998 presidiu o Comité Executivo da Regata Cutty Sark. Compaxina o seu labor no Concello de Vigo, dende decembro de 2004 como titular da Concellaría de Urbanismo e Medioambiente (que abarca as áreas de urbanismo, medioambiente, infraestructuras e contratas e patrimonio histórico), coa de Deputado Provincial, asumindo responsabilidades en áreas como Economía, Facenda e Turismo.

Andrés Precedo Ledo

(A Coruña, 1943) Catedrático de Xeografía Humana na Universidade de Santiago de Compostela, na que tamén dirixe o Máster de Desenvolvemento Local e Comarcal. É autor de numerosos artigos e libros traducidos a varias linguas, entre os que cabe salientar La red urbana (1990), Ciudad y desarrollo urbano (1996) e Las nuevas realidades territoriales para el siglo XXI: desarrollo local, identidad territorial y ciudad difusa (2004). Ademais do seu importante labor docente e investigador, Precedo Ledo participou en numerosos traballos de planificación, desenvolvemento rexional e urbanismo: IV Plan Nacional de Desarrollo, rehabilitación do centro histórico de Vitoria, Mapa Comarcal de Galicia, etc. Na actualidade traballa como asesor no Plan Estratéxico da Provincia de Pontevedra e prepara un proxecto para a Área Metropolitana da Coruña. Así mesmo, colabora habitualmente no diario “La Voz de Galicia” coa sección ‘Crónicas del Territorio’ e nos faladoiros de Radio Voz.

Alfredo Rodríguez Miralles

(1960) Adicouse profesionalmente á asesoría de empresas. Dende 1995 foi membro do Consello de Administración do Real Club Celta de Vigo, e dende 1996 director xeral do mesmo. Entre 1999 e 2003 foi concelleiro do Concello de Vigo polo Partido Popular e membro do Comité Executivo do Consorcio da Zona Franca de Vigo. Dende 2003 é alcalde de Nigrán, Presidente da Mancomunidade do Val Miñor e Vicepresidente da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Deputado provincial por Pontevedra dende o seu acceso á alcaldía de Nigrán, é membro de varias das súas comisións informativas (Medio Ambiente e Urbanismo; Vías e Obras; Economía, Facenda e Turismo; Promoción Económica e Emprego; Pesca e Cultivos Mariños; Benestar Social e Muller; Réxime Interior e Persoal e Relacións Institucionais).

Albino Prada Blanco

(Terra do Bolo, 1955) Doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de Economía de Galicia na Universidade de Vigo, institución á que representa no Consello Económico e Social de Galicia. Foi Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Ensaio no ano 1979 polo libro A outra economía galega, e ten publicados como autor ou editor os seguintes títulos: Montes e industria (1991), Economía de Galicia (1999), Valoración económica del patrimonio natural (2001), Economía ambiental e sociedade (2001), Economía de Galicia: situación actual y perspectivas (2004) e Efectos económicos, sociais e ambientais das mareas negras do Prestige (2004). Ademais das súas publicacións sobre economía galega, colaborou e dirixiu traballos de investigación sobre recursos naturais e problemas ambientais cuxos resultados presentáronse en foros académicos tanto nacionais coma internacionais.

José Enrique Sotelo Villar
(Aldán -Camgas do Morrazo, 1959) Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Concelleiro do Partido Popular no Concello de Cangas do Morrazo dende 1991, deputado autonómico e voceiro de Sanidade do Grupo Parlamentario do Partido Popular de Galicia entre 1993 e 1999, é elixido nesta última data como alcalde de Cangas e Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra. Dende o 2001 á secretario provincial do Partido Popular de Pontevedra.

Ánxel Viña Carregal
Juan Luis Dalda Escudero

Ánxel Viña é economista-urbanista, e adícase dende 1973 ao planeamento e xestión urbanística, ordenamento territorial e consultoría socio-económica, sendo asesor urbanístico de varios concellos galegos.

Juan Luis Dalda é Doutor en Arquitectura e Urbanismo e profesor titular de Urbanística e Ordenación do Territorio na Universidade da Coruña, dende onde dirixe o proxecto de investigación Cidade Difusa do Noroeste Peninsular, no que participan a Universidade da Coruña, a Universidade do Porto, a Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia e a Comisión de Coordinación da Rexión Norte de Portugal.

Ánxel Viña e Juan Luis Dalda formaron no 1978, na cidade da Coruña, a Oficina de Planeamento S. A., equipo multidisciplinar que dende 1985 dirixe Viña, desenvolvendo traballos de planificamento urbanístico municipal para máis de trinta concellos, entre eles os de Ferrol, Oleiros, Santiago de Compostela, Madrid e os da Asociación de Cidades do Eixo Atlántico. Redactaron os plans xerais de ordenación municipal de Santiago de Compostela, Oleiros, Lugo e Ferrol e os plans especiais de protección da cidade histórica de Santiago de Compostela, do recinto amurallado de Lugo, da vila histórica de Muros e dos conxuntos históricos da Magadalena en Ferrol e de Ribadeo. Exerceron a asistencia técnica do Programa URBAN para o casco vello de Vigo e realizaron o Estudo Estratéxico para as Cidades do Eixo Atlántico. Outorgóuselles o Premio Europeo de Urbanismo 1997-1998, concedido pola Comisión Europea e o Consello Europeo de Urbanistas, na súa modalidade de Planificación Local, polo Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela