Tag

Nós e a cidade

Actividades, Noticias

Na rúa un novo número de GRIAL

Anda xa á venda o número 182 do GRIAL que corresponde ao segundo volume do ano (segundo trimestre de 2009) e fai o Tomo XLVIII do seu rexistro histórico. Unha vez máis a revista dedica un xeneroso espazo á colaboración coa Fundación Carlos Casares publicando, baixo o epígrafe Nós e a cidade, os textos de catro das conferencias impartidas no…

Continuar
Actividades, Noticias

Remata o V Ciclo ‘VIGO: Nós e a cidade’

Coa conferencia o día 27 de novembro do catedrático de Pedagoxía Social da USC, José Antonio Caride, Cultura, participación e democracia, deuse por rematada a 5ª edición de Vigo: nós e a cidade, ciclo de conferencias e debates que este ano se dedicaron a reflexionar sobre Axentes, tempos e espazos para a creación e a difusión cultural.  Baixo o patrocinio de Caixanova e no marco da Sala…

Continuar
Actividades, Noticias

A cidade dos festivais

Botando unha ollada á programación cultural de Vigo dos últimos dous anos sorprende a numerosa e variada oferta de música, teatro, cine e actos literarios. Unha miríada de acontecementos culturais que enchen e alegran os meses do ano desta urbe relativamente pequena, orograficamente difícil e na que, segundo o tópico, os seus introvertidos habitantes viven afanados no traballo. Circunstancias que parecen contradicir o…

Continuar
Actividades, Noticias

Un teatro para unha cidade

    O pasado día 11 de novembro estivo connosco o catedrático de Dirección de Escena da Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, e director das publicacións da Asociación de Directores de Escena de España, Juan Antonio Hormigón. Presentado por Manuel F. Vieites, coordinador do Ciclo Vigo: nós e a cidade, Hormigón comezou xustificando a  escolla do título da súa intervención –Un…

Continuar
Actividades, Noticias

A radio e a televisión locais como axentes culturais

Baixo este título celebrouse o día 30 de outubro a terceira mesa redonda do Ciclo Vigo: nós e a cidade, coma sempre no Centro Social Caixanova. Foron convocados representantes dos máis importantes medios da cidade: Eugenio González de Haz, director de Radio Vigo, Jorge Durán Rivero, director de Localia, e mais Serafín González, director delegado de Radio Nacional de España en Vigo. Actuou como moderador o veterano xornalista Xosé María Palmeiro, que desculpou a falta de Serafín González, ausente por motivos persoais de última hora.

O moderador deu inicio á mesa redonda recordando que nestas datas está a celebrarse o Día Mundial da Radio, para logo recordar que a propia divulgación das mensaxes xenera novas formas de transmisión que, en moitos casos, conviven. Citou, a modo de anécdota, o debuxo de Castelao que aplicou aos profesionais dos medios, no que aparecía a frase: “Cren os galos que sae o sol porque cantan eles”.

Acto seguido, Eugenio González de Haz realizou unha reflexión sobre a relación entre a cultura, no seu sentido máis completo, e os medios de comunicación, para logo repasar os compoñentes que alimentan os contidos dunha programación de radio e a súa tradución nunha programación local.

Na súa intervención, Jorge Durán comentou que a realidade demostra o elevado risco que é preciso asumir para facer cultura dende un medio, ben sexa televisión ou radio. Preguntouse, así mesmo, qué se podía facer dende a televisión local para que a xente goce na cidade, explicando o exemplo da xénese dun programa concurso que dende Localia se fai sobre Vigo, e do cal se están a obter bos resultados de audiencia. Por último, deixou claro que a competencia coas televisións estatais é imposible a pesar da igualdade de condicións na que parece que se está cando se utiliza o mando.

As intervencións foron seguidas dun animado coloquio no que tanto Jorge Durán como Eugenio González de Haz animaron os estudantes de audiovisuais a presentar proxectos e ideas novidosas e frescas para as televisións e as radios locais.

Continuar
Actividades, Noticias

Xestionar a cultura dende o municipio

Deste xeito titulou Iñaki López de Aguileta, director da Área de Cultura do Concello de Bilbao, a súa conferencia de onte martes, no Centro Social de Caixanova en Vigo. Fai a terceira das cinco programadas no II Ciclo de Conferencias e Debates Vigo: nós e a cidade, organizado pola Fundación e patrocinado por Caixanova, que este ano xira arredor do tema Axentes, tempos e espazos para a creación cultural. López de Aguileta dividiu a súa exposición en tres partes: unha primeira de revisión histórica, “Do centro cívico ao Guggenheim”, na que percorreu a inmensa distancia que nos separa do ano 1979; outra de carácter programático na que propuxo un modelo equilibrado de política cultural municipal, e a terceira, de signo analítico, na que salientou os retos a superar no presente inmediato.

Na breve revisión histórica, o conferenciante foi lembrado os diferentes fitos que marcaron a cultura municipal dende o paradigma da Animación Sociocultural, aló por 1979, caracterizado polo voluntarismo, as convulsións da transición e as Casas de Cultura. A expectacularización da cultura dos anos 80 que, coa asunción do novo paradigma da xestión, levounos as macro montaxes dos anos 90: a Expo 92 de Sevilla e máis a Olimpiada de Barcelona. Daquí ao esplendor do titanio houbo un paso pequeno para o xestor pero enorme para a cultura municipal: a conversión do gasto en inversión.

López de Aguileta debuxou, de seguido, unha proposta de liñas estratéxicas que marcarían un modelo equilibrado de xestión municipal: balanzo entre centralidade (grandes eventos) e proximidade (participación); actuar globalmente (non abusar das Artes); apoio á produción (ás fábricas culturais); asumir a difuminación dos lindes entre ocio e cultura; tender a man ao sector privado e promover o local.

Ao enumerar os retos que hai que enfrontar, López de Aguileta non fuxíu do concepto de crecemento sostible (Axenda 21), como garante dunha racionalidade que se perde con demasiada frecuencia. Tamén salientou a necesidade de invertir en infraestruturas e na obriga que teñen os xestores municipais de repensar o papel do “público” e se cadra considerar as posibles vantaxes da gobernanza cooperativa.

Continuar