Axenda

Set
15
Ven
Exposición “O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares” @ CEIP Cedeira
Set 15 – Set 30 all-day

Inicialmente a exposición sobre a colección da obra O Principiño estaba incluída na exposición de maior tamaño titulada “Os mundos de Carlos Casares”. A súa magnitude e importancia supuxeron a súa separación noutra chamada “O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares”. Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia. A súa afección polo libro de Antoine de Saint-Exupéry moveuno a coleccionar O Principiño en todas as linguas do mundo. No momento da súa morte, Carlos Casares tiña na súa colección máis de 100 volumes de distintas edicións de Le petit Prince en linguas xermánicas, eslavas, románicas, escandinavas e mesmo orientais. Ademais de contar coa obra nas linguas da Península Ibérica (galego, portugués, castelán, vasco e catalán) tiña tamén obras en aragonés, asturiano ou estremeño. A colección recolle tamén edicións únicas ou raras de linguas minoritarias, algunhas de mediados dos 70.

“O Principiño arredor do mundo. A colección de Carlos Casares” é unha exposición didáctica para público miúdo e adulto. Recolle máis de 100 edicións do libro de Saint-Exupéry, en máis de 60 idiomas e dialectos do mundo. Así mesmo, a exposición consta tamén de 4 paneis informativos de 2,20 m de alto, 1 tótem introdutorio e unha bandeirola. Os paneis céntranse na biografía do autor, nunha descrición e análise da novela, da experiencia vital de Carlos Casares e da súa obra infantil.

Set
27
Mér
“Os mundos de Carlos Casares” en Vigo @ Casa das Artes de Vigo
Set 27 @ 6:00 PM – Nov 4 @ 9:00 PM

Exposición que ten como obxectivo celebrar a vida e obra do escritor ourensán (1941-2002) na clave dun percorrido polo espazo e polo tempo, construíndo, en palabras do propio escritor, un mapa emocional, debuxar un territorio e contar a historia, centrándose nos detalles.

Presenta diferentes marcos nos que se desenvolve a relación de Casares co mundo, nunha sucesión de etapas simbólicas que explican cuestión fundamentais sobre a vida, a produción literaria e o seu compromiso co país. Cinco paisaxes metafóricas permeables grazas a unha coidada e novidosa montaxe modular, fundamentada na transparencia para activar experiencias sociais, políticas, educativas e artísticas.

O traxecto devolve unha imaxe que aspira ser completada polo público, nunha viaxe de ida e volta, recuperando unha nova visión do escritor e dos seus lugares, que aspira a conectar coas xeracións máis novas.
Comisariado por Gustavo Adolfo Garrido e Chus Martínez Domínguez.

Out
5
Xov
Concerto de “Xardín desordenado” no MARCO @ Museo MARCO de Vigo
Out 5 @ 8:30 PM – 9:30 PM

 

 

Out
30
Lun
Visita guiada da asociación de veciños Dr. Flemming á exposición “Os mundos de Carlos Casares” @ Casa das Artes
Out 30 @ 7:00 PM – 8:00 PM

A Fundación Carlos Casares organiza unha visita guiada para os membros da Asociación de Veciños Doutor Fleming aproveitando os actos do Día das Letras Galegas en Vigo. A dita asociación visitará a exposición “Os mundos de Carlos Casares”, situada na Casa das Artes de Vigo.

Out
31
Mar
Visita guiada á exposición “Os mundos de Carlos Casares” @ Casa das Artes de Vigo
Out 31 @ 7:00 PM – 8:00 PM

A Fundación Carlos Casares organiza unha visita guiada á exposición “Os mundos de Carlos Casares” á Asociación de Amigos do MARCO, o vindeiro martes día 31 de outubro, no marco de colaboración que estas dúas entidades manteñen dende hai máis de 5 anos co fin de potenciar as actividades culturais en galego para os membros da asociación.

 

 

Nov
6
Lun
Presentación dos XXXVII Cadernos Ramón Piñeiro sobre Carlos Casares @ Auditorio do Pazo de San Roque
Nov 6 @ 7:00 PM – 8:30 PM

Baixo o título Carlos Casares: homenaxe. De amicitia, a presentación dos XXXVII Cadernos Ramón Piñeiro sobre Carlos Casares terá lugar no Auditorio do Pazo de San Roque. O Conselleiro de Cultura Educación e Ordenación Universitaria, D. Román Rodríguez González, e o presidente da Fundación Carlos Casares, D. Xavier Casares Mouriño, son os encargados deste convite. Prégase confirmación previa de asistencia no 881996302 ou no correo electrónico sxpl.secretaria@xunta.gal

Nov
7
Mar
Xornadas “Carlos Casares” en Ourense
Nov 7 all-day
O martes, día 7, comeza no Centro Cultural Marcos Valcárcel, da Deputación de Ourense, o Simposio que anualmente dedica a RAG ao escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas. O Simposio, este ano, está dedicado a Carlos Casares e terá catro sedes consecutivas: Ourense, Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, as catro cidades que marcaron o devir profesional do escritor protagonista das Letras Galegas 2017.
O Simposio está organizado pola Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e mais a Fundación de Carlos Casares e conta co apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Nov
8
Mér
“Os mundos de Carlos Casares” en Pontevedra @ Museo de Pontevedra - Edificio Sarmiento
Nov 8 – Nov 26 all-day

O Museo de Pontevedra acolle do 8 ao 26 de novembro a exposición principal das Letras Galegas 2017 dedicada a Carlos Casares (1941-2002), na que se fai un percorrido pola vida e obra do escritor ourensán, atendendo ás súas principais creacións pero tamén ás súas relacións de amizade e familiares, as súas múltiples afeccións e o seu incansable activismo cultural en favor do galego e das artes. A inauguración terá lugar ás 19 h no edificio Sarmiento.

Está comisariada por Gustavo Adolfo Garrido (secretario da Fundación) e Chus Martínez Domínguez, e conta cunha novidosa proposta expositiva do estudo coruñés Creus e Carrasco.

Organízase a través de cinco etapas nas que se expoñen imaxes de referencia, obxectos e textos. A primeira etapa, “Paisaxes”, recolle desde os primeiros anos en Xinzo ata a saída do Seminario Menor de Ourense. Os lugares da infancia, os amigos, os comezos literarios, o contacto con Antón Tovar, Vicente Risco e os artistas, Xaime Quessada, Acisclo Manzano, Xosé Luís de Dios, Buciños, etc.

A segunda etapa, “Luzadas”, achéganos á etapa universitaria, o mundo compostelán, a loita estudantil, os primeiros pasos de profesor en Ourense, Viana do Bolo e Bilbao. É unha etapa con trasfondo político e literario (ADE, FeLiPE, a conquista do SEU, o contacto con Ramón Piñeiro, o Concilio Vaticano II, Raimon en Compostela…).

A terceira etapa, “A viaxe”, está protagonizada primeiramente por Kristina Berg e a inmersión na sociedade sueca. Relata as primeiras viaxes do escritor galego por Europa. Os inicios do xornalismo literario, o abrazo socialdemócrata, a entrada na Real Academia Galega e a súa madurez literaria xunto cos seus galardóns por obras como Xoguetes para un tempo prohibido ou Ilustrísima.

A cuarta etapa, “Conviña”, descóbrenos a época do compromiso político no Parlamento galego; os inicios da plasmación do programa de Ramón Piñeiro. A consolidación dun escritor e o nacemento dun editor. A viaxe á URSS e o papel de mediador cultural da literatura galega.

Por último, a quinta etapa, “O redondel”, recolle a madurez dun novelista e a conquista da popularidade no xornalismo literario; a presidencia do Consello da Cultura Galega e a participación en cenáculos e fundacións españolas; o traballo na Academia, o impulso da Arte Contemporánea, o Teatro e o Audiovisual. A viaxe no Expreso da Literatura e a partida final.

Dende a Fundación, queremos expresar o noso agradecemento ao persoal do museo, sen o cal non tería sido posible acadar unha montaxe tan integrada e acaída ao fermoso espazo expositivo.

Nov
9
Xov
Xornada Carlos Casares – Vigo e Casares editor @ Casa Galega da Cultura
Nov 9 @ 5:00 PM – 8:00 PM

Segunda das xornadas organizadas pola Real Academia Galega e a Fundación Carlos Casares, nesta ocasión na cidade de Vigo e coa faceta de editor do homenaxeado nas Letras Galegas 2017 como tema principal.

Tras a inauguración, a cargo do presidente da fundación, Xavier Casares Mouriño, e do presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes daráse inicio á Xornada. A primeira sesión será unha mesa moderada por María Xosé Porteiro e a cargo de Manuel Bragado (que falará sobre a experiencia da Biblioteca 120); Xosé Manuel Soutullo (que falará sobre a dirección de Casares en Galaxia); e Francisco Xavier Senín (que tratará o tema da edición infantil e xuvenil en Casares).

A segunda sesión da tarde será desenvolvida por Xesús Alonso Montero, quen falará da etapa marxista e guevarista de Carlos Casares no segundo lustro da década de 1960.

Nov
10
Ven
XIV Curso de Formación A literatura infantil e xuvenil “Carlos Casares no ensino” @ CRPIH (San Roque, 2, Santiago) e Biblioteca Afundación (Frei Rosendo Salvado, 14-16, Santiago de Compostela)
Nov 10 – Nov 11 all-day

O presente curso ten como finalidade formar e informar sobre Carlos Casares como educador e escritor de Literatura Infantil e Xuvenil. O obxectivo é salientar a importancia das súas obras na formación lectora no Ensino Infantil, Primario e Secundario e demostrar que son imprescindibles na planificación da educación literaria. Esta formación está xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudo dos graos, malia a súa transcendencia en ámbitos básicos como a formación e comprensión lectora e escrita. O custe do curso é de 15 € e o prazo de inscrición ao mesmo remata o día 9 de novembro.

Máis información e reservas: XIV Curso de Formación “Carlos Casares no ensino”

Nov
16
Xov
Encontros de Carlos Casares no Consello da Cultura Galega @ Consello da Cultura Galega
Nov 16 – Nov 17 all-day

Seguindo o ronsel das Xornadas sobre Carlos Casares en Ourense e Vigo, e como acto central do mes dedicado ao Simposio Carlos Casares, con remate na Real Academia Galega, do 21 ao 23 de novembro, nestes encontros tratarase o tema do Casares intelectual e institucional.

Unha ollada atenta á historia galega das últimas décadas do século XX revela que Carlos Casares foi moito máis ca un creador e, por esa razón, o Consello da Cultura Galega -institución que presidiu entre 1996 e 2002- quere poñer o foco na súa faceta pública coma escritor e coma intelectual. Neste encontro analízase o papel xogado por Casares no campo político-cultural da Transición e da nacente Galicia autonómica, así como a súa actividade como difusor das letras galegas no exterior e o seu firme compromiso co afortalamento dun sistema literario maduro, autónomo e de calidade.

Nas diferentes sesións contextualizaranse na historia das últimas décadas o seu labor político, a súa obra xornalística e o seu compromiso cun xornalismo independente ao servizo do público lector. Tamén se afondará, os días 16 e 17 de novembro, nas súas relacións amicais, institucionais e editoriais con outras literaturas e na importancia que para o Casares creador e editor tivo a tradución entendida non só como canle de exportación e importación de textos e senón tamén como ponte de comunicación intercultural.

Pode descargarse o programa NESTA LIGAZÓN

Nov
20
Lun
XX Xornadas de Cultura Galega de Granada, dedicadas a Carlos Casares @ Universidade de Granada - Facultade de Filosofía e Letras
Nov 20 @ 3:30 PM – 7:30 PM

O Centro de Estudos Galegos é froito dun convenio asinado en 1998 entre a Universidad de Granada e la Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Naceu co propósito de estudar e divulgar o universo cultural de Galicia e establecer lazos de unión entre as culturas andaluza e galega. Durante este tempo, impartíronse conferencias sobre lingua, literatura, música, arte, así como conciertos e exposicións fotográficas. Coas XX Xornadas de Cultura Galega, el Centro de Estudos Galegos quere dar a coñecer á Universidade de Granada e ao público en xeral as últimas investigacións en lingüística galega, así como a figura do homenaxeado este ano coas Letras Galegas 2017.

A tal fin, nas xornadas participarán Anxo Tarrío (“Día das Letras Galegas 2017: Carlos Casares”); Armando Requeixo (“Carlos Casares: textos e contextos”); Eduardo Lopez Pereira (“Carlos Casares, humanista e tradutor”); e Luis Alonso Girgado (“A narrativa de Carlos Casares. Tres referencias”).

Enlace: Tríptico das XX Xornadas de Cultura Galega

Nov
21
Mar
Simposio Carlos Casares na Real Academia Galega @ Real Academia Galega
Nov 21 – Nov 23 all-day

Co Simposio Carlos Casares concluirá un mes de análise do legado do autor que arrincou os días 9 e 10 en Ourense e Vigo e continuou, os días 16 e 17, no Consello da Cultura Galega -institución da que foi presidente- abordando a súa dimensión de intelectual público.

Dos anos de mocidade en Santiago á vida como escritura
O Simposio Carlos Casares -organizado co apoio da Consellería de Cultura- afondará en distintos aspectos da narrativa, o ensaio e o articulismo que cultivou o autor, facendo fincapé tanto nas características da súa escrita como nas súas reflexións sobre como debía ser esta. O académico de honra Arcadio López-Casanova pronunciará o martes 21 de novembro a conferencia inaugural, “Carlos Casares en Compostela: formación, compromiso e manifestación”, dedicada precisamente a aqueles anos compartidos como universitarios. A académica Fina Casalderrey moderará deseguido a mesa redonda sobre a teima de Carlos Casares pola procura de novos públicos lectores para a literatura galega. O escritor e profesor da Universidade de Vigo Manuel Santiago Fernández Álvarez -Manuel Forcadela- participará cunha intervención titulada “Carlos Casares e o moralismo equidistante”, a profesora da Universidade de Santiago de Compostela Montse Pena, exporá “Enxeñar un mundo posible: Casares e a reinvención da literatura infantil e xuvenil (1986-2002)”, e o profesor da Universidade de Vigo e académico correspondente Gonzalo Navaza, “Carlos Casares e a cortesía co lector”.

O mércores 22 de novembro o académico correspondente Francisco Xavier Carro Rosende abrirá a tarde co relatorio “Polos buratos da memoria”. “Casares de onte a hoxe” é o título da mesa redonda que terá lugar a continuación con achegas de catro escritores: a académica Marilar Aleixandre (“Carlos o fabulador e a fábula de Casares”), o director xeral de Galaxia, Francisco Castro (“Carlos Casares, todo era verdade”), Antón Riveiro Coello (“O difícil xogo das transparencias”) e María López Sández (“A escrita de Carlos Casares: unha poética da descrición literaria”).

O xoves 23 o programa centrarase no Casares articulista, ensaísta e lector e rematará coa conferencia do presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, “Carlos Casares, a sedución da palabra”. Previamente, nunha mesa moderada polo ex-decano do Colexio de Xornalistas Xosé Manuel Pereiro, a escritora, articulista e profesora da ESAD Inma López Silva deterase no feminismo e na igualdade no Casares xornalista, o periodista e escritor Ramón Loureiro ofrecerá unha intervención titulada “Carlos Casares: a vida como escritura”, e o tamén escritor Álex Alonso, “Casares e o vento de Clío: ficción, historia e metahistoria”.

Inscrición gratuíta
A inscrición no Simposio Carlos Casares é gratuíta e pode formalizarse antes do 21 de novembro no correo electrónico secretaria@academia.gal indicando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo postal completo, correo electrónico, teléfono e datos profesionais. Ao final das xornadas entregarase un diploma de asistencia.

Pode descargar o programa do Simposio Carlos Casares  NESTA LIGAZÓN.

Nov
23
Xov
“Xardín Desordenado” canta a Carlos Casares @ Recibidor do 6º edificio do Museo de Pontevedra
Nov 23 @ 8:00 PM – 9:30 PM

O vindeiro xoves 23 de novembro, o amplo recibidor do Sexto Edificio, que forma parte do Museo de Pontevedra, acollerá un concerto de “Xardín desordenado“, versionando poemas e relatos  de Carlos Casares, musicados con ritmos sorprendentes e novidosos que combinan as historias da literatura casariana coa música galega e universal de xeito magnífico.

Este concerto se engloba dentro dos actos que o Concello de Pontevedra organiza ao redor da exposición “Os mundos de Carlos Casares” na cidade, e que conta co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra, a Xunta de Galicia, o Concello de Xinzo de Limia, entre outras institucións.

 

Nov
29
Mér
“Os mundos de Carlos Casares” en Lugo @ Museo Interactivo da Historia de Lugo
Nov 29 – Dec 26 all-day

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acolle do 29 de novembro ao 26 de decembro a exposición principal das Letras Galegas 2017 dedicada a Carlos Casares (1941-2002), na que se fai un percorrido pola vida e obra do escritor ourensán, atendendo ás súas principais creacións pero tamén ás súas relacións de amizade e familiares, as súas múltiples afeccións e o seu incansable activismo cultural en favor do galego e das artes. A inauguración terá lugar ás 19 h no edificio Sarmiento.

Está comisariada por Gustavo Adolfo Garrido (secretario da Fundación) e Chus Martínez Domínguez, e conta cunha novidosa proposta expositiva do estudo coruñés Creus e Carrasco.

Organízase a través de cinco etapas nas que se expoñen imaxes de referencia, obxectos e textos. A primeira etapa, “Paisaxes”, recolle desde os primeiros anos en Xinzo ata a saída do Seminario Menor de Ourense. Os lugares da infancia, os amigos, os comezos literarios, o contacto con Antón Tovar, Vicente Risco e os artistas, Xaime Quessada, Acisclo Manzano, Xosé Luís de Dios, Buciños, etc.

A segunda etapa, “Luzadas”, achéganos á etapa universitaria, o mundo compostelán, a loita estudantil, os primeiros pasos de profesor en Ourense, Viana do Bolo e Bilbao. É unha etapa con trasfondo político e literario (ADE, FeLiPE, a conquista do SEU, o contacto con Ramón Piñeiro, o Concilio Vaticano II, Raimon en Compostela…).

A terceira etapa, “A viaxe”, está protagonizada primeiramente por Kristina Berg e a inmersión na sociedade sueca. Relata as primeiras viaxes do escritor galego por Europa. Os inicios do xornalismo literario, o abrazo socialdemócrata, a entrada na Real Academia Galega e a súa madurez literaria xunto cos seus galardóns por obras como Xoguetes para un tempo prohibido ou Ilustrísima.

A cuarta etapa, “Conviña”, descóbrenos a época do compromiso político no Parlamento galego; os inicios da plasmación do programa de Ramón Piñeiro. A consolidación dun escritor e o nacemento dun editor. A viaxe á URSS e o papel de mediador cultural da literatura galega.

Por último, a quinta etapa, “O redondel”, recolle a madurez dun novelista e a conquista da popularidade no xornalismo literario; a presidencia do Consello da Cultura Galega e a participación en cenáculos e fundacións españolas; o traballo na Academia, o impulso da Arte Contemporánea, o Teatro e o Audiovisual. A viaxe no Expreso da Literatura e a partida final.

Dec
7
Xov
“O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares” @ Museo Galego do Entroido
Dec 7 – Dec 26 all-day

Inicialmente a exposición sobre a colección da obra O Principiño estaba incluída na exposición de maior tamaño titulada “Os mundos de Carlos Casares”. A súa magnitude e importancia supuxeron a súa separación noutra chamada “O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares”. Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia. A súa afección polo libro de Antoine de Saint-Exupéry moveuno a coleccionar O Principiño en todas as linguas do mundo. No momento da súa morte, Carlos Casares tiña na súa colección máis de 100 volumes de distintas edicións de Le petit Prince en linguas xermánicas, eslavas, románicas, escandinavas e mesmo orientais. Ademais de contar coa obra nas linguas da Península Ibérica (galego, portugués, castelán, vasco e catalán) tiña tamén obras en aragonés, asturiano ou estremeño. A colección recolle tamén edicións únicas ou raras de linguas minoritarias, algunhas de mediados dos 70.

“O Principiño arredor do mundo. A colección de Carlos Casares” é unha exposición didáctica para público miúdo e adulto. Recolle máis de 100 edicións do libro de Saint-Exupéry, en máis de 60 idiomas e dialectos do mundo. Así mesmo, a exposición consta tamén de 4 paneis informativos de 2,20 m de alto e 1 tótem introdutorio. Os paneis céntranse na biografía do autor, nunha descrición e análise da novela, da experiencia vital de Carlos Casares e da súa obra infantil.

Dec
11
Lun
Presentación do libro “Carlos Casares no Parlamento de Galicia” @ Parlamento de Galicia
Dec 11 @ 12:30 PM – 1:15 PM

O Parlamento de Galicia presentará o libro Carlos Casares no Parlamento de Galicia, un pequeno volume no que se recollen as actuacións do escritor ourensán na súa faceta de político durante a I Lexislatura da institución. No acto, que se desenvolverá na sede do Parlamento, estarán presentes o presidente da institución, Miguel Ángel Santalices Vieira, e contará coa intervención de Miguel Barros Puente (deputado e compañeiro de Casares na I Lexislatura), Henrique Monteagudo (secretario da Real Academia Galega e autor do estudo introdutorio do libro); e Hakan Casares en representación da Fundación Carlos Casares.

Dec
14
Xov
Roteiro Carlos Casares na cidade de Vigo @ Antiga sede de Galaxia
Dec 14 @ 11:30 AM – 12:30 PM

O IES Carlos Casares, en colaboración coa nosa entidade, organiza un roteiro pola cidade de Vigo dedicado a Carlos Casares. O punto de partida será a antiga sede da editorial Galaxia, e percorrerá varios puntos da cidade con importancia e significación para a vida e obra do escritor.

Dec
18
Lun
Cantata e fuga para Carlos Casares @ Liceo de Ourense
Dec 18 @ 8:00 PM – 9:00 PM

Baixo o título “Un epílogo auriense”, e dentro das actividades en honra e lembranza de Carlos Casares e Marcos Valcárcel, que organiza a Fundación Carlos Casares e a Deputación de Ourense, xunto co Liceo de Ourense e o Centro Pen Galicia, terá lugar un concerto en homenaxe ao escritor ourensán, a cargo de Xosé Carlos Caneiro e Emilio Rúa.

Xosé Carlos Caneiro é escritor, poeta e columnista de La Voz de Galicia dende 1992, cuxos artigos foron recoñecidos con premios como o Fernández del Riego. Como narrador, obtivo, entre outros, o Torrente Ballester, o Blanco Amor, o Xerais… Emilio Rúa é un cantautor ourensán con máis de 30 anos no mundo da música. Tras os seus inicios na orquestra familiar, ten publicado varios discos como Interior ou Vida mía, e traballado con numerosos artistas e escritores.

Dec
19
Mar
Acto das Letras Galegas 2017 no Instituto Cervantes de Madrid @ Instituto Cervantes de Madrid
Dec 19 @ 7:00 PM – 8:00 PM

A Xunta de Galicia (da man do Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez González) e o Instituto Cervantes (da man do seu director, Juan Manuel Bonet Planes), en colaboración coa Fundación Carlos Casares, organzan un acto conmemorativo das Letras Galegas 2017 no Instituto Cervantes de Madrid.

Con este acto preténdeselle dar unha difusión a nivel español das Letras Galegas, como un dos broches finais aos actos de celebración das Letras Galegas 2017 dedicado a Carlos Casares.

Dec
21
Xov
Presentación de libros sobre Carlos Casares e Marcos Valcárcel @ Centro Cultural Marcos Valcárcel
Dec 21 @ 11:00 AM – 12:30 PM

Como prólogo a unha próxima xornada de homenaxe a Carlos Casares e a Marcos Valcárcel, o Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá a presentación de varios libros sobre os dous axentes culturais clave para entender a cultura ourensá do último terzo do século XX.

Os libros que se presentarán neste acto son:

  • Carlos Casares e Marcos Valcárcel. Homenaxe dunha amizade
  • Carlos Casares (1941-2002). Legado dun escritor
  • Número 13 da revista Cadernos culturais do Limia
Dec
27
Mér
Actos culturais en Vilar de Santos ao redor de Carlos Casares @ Museo da Limia e Concello de Vilar de Santos
Dec 27 @ 5:30 PM – 7:30 PM

O Centro de Cultura Popular do Limia, en colaboración co Museo da Limia e coa Fundación Carlos Casares, organiza dous actos relacionados con Carlos Casares. Por unha banda, a entrega de premios do II Certame de Creación Literaria e Creación Plástica Carlos Casares. Por outra, a presentación do número 13 da revista Lethes, Cadernos Culturais do Limia. No citado número recóllense as achegas de máis dunha ducia de escritores e escritoras limiás que asistiron ao encontro celebrado na pasada primavera no Museo Etnográfico da Limia. Tamén recolle os traballos dos alumnos dos centros de ensino da comarca que participaron no II Certame “Carlos Casares”.

Intervirán Gustavo A. Garrido, secretario da Fundación Carlos Casares; Delfín Caseiro, presidente do Padroado do Museo da Limia; e Manolo Seoane, presidente do Centro de Cultura Popular do Limia.

O acto estará amenizado polo grupo musical Trovare

Feb
9
Ven
Estrea de “Van”, curtametraxe do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova 2017 @ Teatro Principal de Pontevedra
Feb 9 @ 8:00 PM – 9:00 PM

O XIV Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC) desenvolveu por oitavo ano consecutivo o taller de creación “Celanova: plató de ficción”, no que un grupo formado por alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo desenvolve no marco temporal do Curso de Extensión Universitaria un produto audiovisual concreto. Neste caso, unha “road movie” galega rodada no Val Miñor cunha historia dramática de amizade e sacrificio.

O taller está  dirixido polo profesor Paulino Pérez Feijoo, profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo. O taller está patrocinado e conta coa colaboración da Deputación de Ourense, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e a Universidade de Vigo, AGADIC, GM ProVideo, a ESAD de Vigo e a Fundación Carlos Casares.

Enlaces: Noticia da estrea no DUVI

Material adicional: Dossier da curtametraxe “Van”

Cartel e postais da curtametraxe: Postal de “Van” e outra.

 

Xuñ
12
Mar
Exposición “Carlos Casares. Imaxe e cinema. Dúas miradas” @ Casa Museo Casares Quiroga
Xuñ 12 @ 4:46 PM – Xuñ 27 @ 5:46 PM

A exposición repasa con todo luxo de detalles a mirada nas artes visuais e audiovisuais por parte do escritor e galeguista Carlos Casares. Co seu afán de crear cultura galega e en galego, Casares cultivou estes dous campos dunha maneira non meramente de afeccionado, senón con intencionalidade artística e creativa.

Froito dos seus esforzos nestes eidos, e do seu afán de coleccionista de cámaras antigas, son publicacións como a Guía da provincia de Pontevedra, obra que contén numerosas fotografías do escritor ourensán. A exposición recolle todos estes esforzos, e vencella imaxe, cinema e literatura nunha exposición integral, con aspectos pouco coñecidos dun Casares que en 2017 recibiu o recoñecemento das Letras Galegas.

Na exposición poden verse máis de 40 instantáneas seleccionadas do arquivo dixitalizado do escritor, así como algo máis dunha ducia de paneis con textos sobre Casares e tamén con información sobre a paixón de Casares polo cinema e como influíu tamén na súa escrita. Remata a exposición unha vitrina con unha pequenísima mostra da súa colección de cámaras fotográficas e libros relacionados coa unha das paixóns vitais de Carlos Casares.

Xuñ
26
Mar
Faladoiro sobre Carlos Casares na Casa Museo Casares Quiroga (A Coruña) @ Casa Museo Casares Quiroga
Xuñ 26 @ 7:30 PM – 8:45 PM

Con motivo da exposición temporal “Carlos Casares, imaxe e cinema: dúas miradas”, que se desenvolve do 12 ao 27 de xuño de 2017, a Fundación Carlos Casares e o Concello da Coruña organizan un faladoiro sobre Carlos Casares, que terá lugar o día 26 de xuño ás 19.30 horas no segundo andar do Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12, A Coruña).

O acto será conducido por José Manuel Sande, e participarán Hakan Casares (fillo do escritor), Lara Bacelo (fotógrafa e directora audiovisual) e Gustavo A. Garrido (secretario da Fundación Carlos Casares).