Axenda

Dec
23
Mér
Exposición “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” @ Sala de exposicións da Delegación da Xunta en Vigo
Dec 23 2020 – Xan 22 2021 all-day

O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que
existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, é capaz de alegrarnos o día, resulta beneficioso para a saúde e nos permite aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.

De maneira máis concreta, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba. Incluímos tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Aproveitamos, de paso, para botar un sorriso cómplice.

Abr
12
Lun
Exposición “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” @ IES do Castro Vigo
Abr 12 – Abr 30 all-day

O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, é capaz de alegrarnos o día, resulta beneficioso para a saúde e nos permite aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.

De maneira máis concreta, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba. Incluímos tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Aproveitamos, de paso, para botar un sorriso cómplice.

Mai
15
Sáb
Exposición “Os Camiños de Carlos Casares” @ Centro Comarcal Pazo de San Tomé de Mondoñedo
Mai 15 @ 9:00 AM – Mai 30 @ 3:00 PM

A exposición “Os Camiños de Carlos Casares” recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe. A exposición, que forma parte do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, percorrerá cinco concellos galegos do Camiño de Santiago, na súa primeira xeira, para goce de peregrinos, turistas e cidadanía en xeral.

Enlace: Folleto da exposición / Cartel xenérico da exposición
Enlace: Twitter “Os Camiños de Carlos Casares”

Mai
25
Mar
Faladoiro sobre a banda deseñada con Cristian Fojón Caruncho @ IES Lagoa de Antela
Mai 25 @ 1:00 PM – 2:15 PM

O vindeiro martes 25 de maio, o alumnado dos centros de Xinzo de Limia terán a ocasión de escoitar ao debuxante Cristian Fojón Caruncho (1997, A Coruña), gañador, entre outros varios premios, do concurso de Banda Deseñada da Mariña (2011) , do concurso Concurso Curuxa Nova convocado polo Museo do Humor de Fene (2016) e en 2020 do premio Carlos Casares – Kristina Berg ao Talento Activo, dotado con 10.000€, pola calidade e valores dunha promesa galega emerxente.

Ademais do faladoiro, no que Cristian desenvolverá a súa experiencia e técnicas creativas, o alumnado poderá contemplar parte da súa obra en formato exposición. Esta mostra xa estivo en lugares como no Museo Ortegalia ou no Museo Municipal de Ourense.

Xuñ
4
Ven
“Coordenadas” – Diálogos Literarios da Fundación Carlos Casares @ Edificio Cinc - Auditorio 2
Xuñ 4 – Xuñ 5 all-day

Coordenadas é unha actividade literaria para Santiago de Compostela no ronsel dos Diálogos Literarios clásicos da fundación Carlos Casares, que se desenvolveron desde 2004 a 2012 entre Mariñán (Bergondo) e Santiago de Compostela.

A súa adaptación ás novas circunstancias ten en conta tres eixes fundamentais: a evolución dos públicos, as tendencias do mercado editorial e o agromar de novas linguaxes. O seu campo de actuación é basicamente a literatura galega –en concreto a novela, o conto e mais o ensaio–, aínda que con extensións ás literaturas peninsulares e incluso ás literaturas europeas e americanas. Procúrase, xa que logo, tender pontes entre a literatura galega e a literatura mundial.

A entrada é libre e gratuíta, pero se recomenda que remitan un correo para reservar praza para manter as condicións de distanciamento social axeitado. A actividade tamén poderá seguirse por streaming na páxina do evento.

O evento é posible grazas á Xunta de Galicia, a Gaiás Cidade da Cultura e en especial ao Concello de Santiago de Compostela.

Exposición “Os Camiños de Carlos Casares” @ Museo da Fonsagrada
Xuñ 4 @ 12:00 PM – Xuñ 29 @ 7:00 PM

A exposición “Os Camiños de Carlos Casares” recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe. A exposición, que forma parte do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, percorrerá cinco concellos galegos do Camiño de Santiago, na súa primeira xeira, para goce de peregrinos, turistas e cidadanía en xeral.

Horario de apertura do Museo da Fonsagrada:

  • Martes a venres, de 12 a 14 horas
  • Sábados e domingos, de 12 a 14 e de 17 a 19 horas
  • Luns pechados

Enlace: Folleto da exposición / Cartel xenérico da exposición
Enlace: Twitter “Os Camiños de Carlos Casares”

Xul
1
Xov
Os Camiños de Carlos Casares @ Sala Luis Seoane do Edificio Multiusos
Xul 1 – Xul 15 all-day

A exposición “Os Camiños de Carlos Casares” recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe. A exposición, que forma parte do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, percorrerá cinco concellos galegos do Camiño de Santiago, na súa primeira xeira, para goce de peregrinos, turistas e cidadanía en xeral.

Horario de apertura da sala Luis Seoane (Edificio Multiusos) de Catoira:

  • Luns a venres, de 09 a 14 horas

Enlace: Folleto da exposición / Cartel xenérico da exposición
Enlace: Twitter “Os Camiños de Carlos Casares”

Xul
15
Xov
Exposición fotográfica “Os Camiños de Carlos Casares” @ Cárcere Vello
Xul 15 – Xul 30 all-day

A exposición “Os Camiños de Carlos Casares” recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe. A exposición, que forma parte do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, percorrerá cinco concellos galegos do Camiño de Santiago, na súa primeira xeira, para goce de peregrinos, turistas e cidadanía en xeral.

Horario de apertura do Cárcere Vello (Porto, s/n) de Corcubión:

  • Mércores a domingo, de 10 a 14 horas e de 15 a 18.30 horas

Enlace: Folleto da exposición / Cartel xenérico da exposición
Enlace: Twitter “Os Camiños de Carlos Casares”

Ago
23
Lun
Exposición “Galicia Escandinava” no Instituto Cervantes de Estocolmo @ Instituo Cervantes de Estocolmo
Ago 23 – Set 27 all-day

Entre os séculos XII e XVI, miles de escandinavos peregrinaron a Santiago de Compostela para render culto ao apóstolo. Había unha ruta marítima, o «Camiño do oeste», Vestvegr en noruegués, que comezaba no porto danés de Ripe. Había outra por terra, a través da península de Xutlandia, o Haervejen en dinamarqués, ou «Camiño da tropa».  E había outra mixta usada polos suecos, de Estocolmo a Lübeck (Alemaña) por mar, e logo por terra xermana cara a Francia ou aos Países Baixos; ou embarcando en Roterdam con rumbo a Galicia.

Esta relación secular entre pobos tan distantes e diferentes enriqueceu o fenómeno xacobeo, deixando numerosas pegadas en ambos, sobre todo de Galicia e do culto ao Apóstolo nas terras escandinavas. É o que queremos mostrar nesta exposición: a Gallaecia escandinávica da que falaba o medievalista Vicente Almazán (1924-2006). A el e aos investigadores e estudosos que se ocuparon do fenómeno xacobeo vai dedicada esta proposta, a modo de homenaxe.

Enlace: Exposición “Galicia Escandinava”

Ago
24
Mar
Charla “Tras as pegadas suecas de Carlos Casares” @ Instituo Cervantes de Estocolmo
Ago 24 @ 6:30 PM – 7:30 PM

A relación de Carlos Casares con Suecia comeza en 1972 nun tren camiño de Santiago de Compostela, onde coñece unha moza sueca, Kristina Berg, natural de Halmstad (Halland), que se dirixía dende Bilbao cara á Coruña para ocupar o seu posto de radiotelegrafista nun buque que estaba para zarpar cara a América. Casaron dous meses despois deste encontro e ese verán xa o pasaron xuntos en Suecia.

Comeza aí unha das encrucilladas que modelaron a vida de Casares. Un dos seus efectos, quizais o máis decisivo, foi o descubrimento e a progresiva identificación coa socialdemocracia sueca, abandoando o castrismo de corte sociocristián que caracterizaba ata entón o seu pensamento e os seus escritos. Dende entón, meses de verán e parte das festas de Nadal foron tempos de lecer que pasou na contorna familiar de Halmstad. Estancias, excursións, amizades, lecturas e escritos sobre o seu país de adopción, definiron gran parte da súa vida e deixaron pegada na súa obra.

Set
2
Xov
III Xornadas Videoxogo e Literatura. Unha mirada transversal @ Museo MARCO de Vigo
Set 2 – Set 4 all-day

Ao longo da historia, os videoxogos atoparon unha fonte de inspiración na narrativa máis tradicional, a literatura, pero é evidente que, sobre todo nos últimos anos, ambas vertentes véñense nutrindo reciprocamente.

A narrativa máis clásica inflúe no xeito de crear argumentos e personaxes nos videoxogos, e, dalgunha forma, isto tamén está a ocorrer á inversa. As grandes tramas de moitos xogos, coas súas innovadoras estruturas narrativas, inflúen na mentalidade de cada vez máis escritores, amosándolles novos camiños e posibilidades para a presentación das súas historias.

Por outra banda, diversos estudos vinculan o uso de videoxogos coa mellora da lectoescritura, da creatividade, da empatía e da comunicación positiva, así coma do benestar mental na xente nova (e non tan nova). O videoxogo serve como vía para introducirse na historia de xeito máis profundo e interactivo que outras canles máis tradicionais.

Convértese deste xeito nunha ferramenta clave para o desenvolvemento de competencias no eido da educación, puidendo empregarse como método de ensinanza, ou de aprendizaxe. Mestres, mestras, alumnos e alumnas vense beneficiados dun método de apredizaxe dinámico, atractivo, motivador, entretido e actual.

É así como nacen as Xornadas de Videoxogo e Literatura, un espazo onde procuramos explorar, por medio de profesionais, aficionados e amantes dos dous mundos, as conexións máis íntimas entre o videoxogo e a literatura, descubrindo todos os recunchos que nos brindan e sacándolle así o máximo partido a dous elementos culturales imprescindibles.

ENLACE: Páxina oficial das Xornadas Videoxogo e Literatura

Set
27
Lun
XVII Curso de Medios Audiovisuais “Rodado en Ourense. Os novos desafíos e transformacións do audiovisual galego” @ Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense
Set 27 @ 11:00 AM – Set 29 @ 4:30 PM

Este ano a edición número 17 do Curso de Medios Audiovisuais traslada a súa celebración de Celanova á cidade de Ourense. Baixo a dirección do profesor Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez e co título Rodado en Ourense. Os desafíos do audiovisual galego, a cita terá lugar do 27 ao 29 de setembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Como en edicións anteriores, a programación achegarase ás últimas producións audiovisuais galegas de man de membros dos seus respectivos equipos, sendo nesta ocasión protagonistas as producións Malencolía, Eles traen a morte, Olvido y León e Cuñados. Tamén se celebrará o Taller Audiovisual Celanova: Plató de Ficción, baixo a dirección do profesor Paulino Pérez e no que alumnado de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da UVigo producirá unha peza audiovisual na vila de Celanova.

Matrícula información e programa: A partir do 4 de xuño na sección de Campus Activo da UVigo.

Nota: Existen 15 bolsas que a Fundación Carlos Casares pon a disposición da xente que queira matricularse, e que cobren a totalidade do custo do Curso. Para máis información e condicións pódese usar o mail info@fundacioncarloscasares.org ou fundacioncarloscasares@gmail.com

Out
11
Lun
Exposición “Galicia Escandinava” na Biblioteca da Universidade de Oslo (Noruega) @ Universitetsbiblioteket (Universitetet I Oslo)
Out 11 – Nov 9 all-day

O día 11 de outubro quedou aberta a exposición “Galicia escandinava. O Camiño do oeste a Santiago de Compostela”, na biblioteca de Humanidades da Universidade de Oslo (HumSam-Biblioteket, UBO-UiO), onde se poderá visitar ata o día 9 de novembro. Chega despois da súa itinerancia no Instituto Cervantes de Estocolmo (Suecia), onde estivo exposta durante o mes de setembro.

En Oslo a exposición vai enriquecida con 4 vitrinas con libros, obxectos e imaxes de temática xacobea norueguesa, dos fondos da biblioteca. Indicativos xacobeos conducen o visitante a través do espazo expositivo ata unha sala no piso inferior onde se levan a cabo actividades e actos culturais.

Entre os séculos XII e XVI, miles de escandinavos peregrinaron a Santiago de Compostela para render culto ao apóstolo. Había unha ruta marítima, o «Camiño do oeste», Vestvegr en noruegués, que comezaba no porto danés de Ripe. Había outra por terra, a través da península de Xutlandia, o Haervejen en dinamarqués, ou «Camiño da tropa».  E había outra mixta usada polos suecos, de Estocolmo a Lübeck (Alemaña) por mar, e logo por terra xermana cara a Francia ou aos Países Baixos; ou embarcando en Roterdam con rumbo a Galicia.

Esta relación secular entre pobos tan distantes e diferentes enriqueceu o fenómeno xacobeo, deixando numerosas pegadas en ambos, sobre todo de Galicia e do culto ao Apóstolo nas terras escandinavas. É o que queremos mostrar nesta exposición: a Gallaecia escandinávica da que falaba o medievalista Vicente Almazán (1924-2006). A el e aos investigadores e estudosos que se ocuparon do fenómeno xacobeo vai dedicada esta proposta, a modo de homenaxe.

Enlace: Exposición “Galicia Escandinava”

Out
13
Mér
Exposición “Galicia Escandinava. O Camiño do Oeste a Santiago de Compostela” @ Casa Galega da Cultura de Vigo
Out 13 – Nov 7 all-day

Entre os séculos XII e XVI, miles de escandinavos peregrinaron a Santiago de Compostela para render culto ao apóstolo. Había unha ruta marítima, o «Camiño do oeste», <em>Vestvegr</em> en noruegués, que comezaba no porto danés de Ripe. Había outra por terra, a través da península de Xutlandia, o <em>Haervejen</em> en dinamarqués, ou «Camiño da tropa».  E había outra mixta usada polos suecos, de Estocolmo a Lübeck (Alemaña) por mar, e logo por terra xermana cara a Francia ou aos Países Baixos; ou embarcando en Roterdam con rumbo a Galicia.

Esta relación secular entre pobos tan distantes e diferentes enriqueceu o fenómeno xacobeo, deixando numerosas pegadas en ambos, sobre todo de Galicia e do culto ao Apóstolo nas terras escandinavas. É o que queremos mostrar nesta exposición: a Gallaecia escandinávica da que falaba o medievalista Vicente Almazán (1924-2006). A el e aos investigadores e estudosos que se ocuparon do fenómeno xacobeo vai dedicada esta proposta, a modo de homenaxe.

Enlace: Exposición “Galicia Escandinava”

Enlace: Folleto da exposición en Vigo

Out
21
Xov
Exposición “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” no IES Chapela @ IES Chapela de Redondela
Out 21 – Nov 2 all-day

O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, é capaz de alegrarnos o día, resulta beneficioso para a saúde e nos permite aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.

De maneira máis concreta, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba. Incluímos tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Aproveitamos, de paso, para botar un sorriso cómplice.

Nov
2
Mar
“Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor” no IES María Soliño @ IES María Soliño
Nov 2 – Nov 16 all-day

16
Mar
“Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” no IES A Paralaia @ IES A Paralaia
Nov 16 – Dec 3 all-day

O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, é capaz de alegrarnos o día, resulta beneficioso para a saúde e nos permite aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.

De maneira máis concreta, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. hydra onion hydra onion Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba. Incluímos tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Aproveitamos, de paso, para botar un sorriso cómplice.

Dec
4
Sáb
Exposición “Galicia Escandinava. O Camiño do Oeste a Santiago de Compostela” na Biblioteca de Gondomar @ Biblioteca de Gondomar
Dec 4 2021 – Xan 12 2022 all-day

Entre os séculos XII e XVI, miles de escandinavos peregrinaron a Santiago de Compostela para render culto ao apóstolo. Había unha ruta marítima, o «Camiño do oeste», <em>Vestvegr</em> en noruegués, que comezaba no porto danés de Ripe. Había outra por terra, a través da península de Xutlandia, o <em>Haervejen</em> en dinamarqués, ou «Camiño da tropa».  E había outra mixta usada polos suecos, de Estocolmo a Lübeck (Alemaña) por mar, e logo por terra xermana cara a Francia ou aos Países Baixos; ou embarcando en Roterdam con rumbo a Galicia.

Esta relación secular entre pobos tan distantes e diferentes enriqueceu o fenómeno xacobeo, deixando numerosas pegadas en ambos, sobre todo de Galicia e do culto ao Apóstolo nas terras escandinavas. É o que queremos mostrar nesta exposición: a Gallaecia escandinávica da que falaba o medievalista Vicente Almazán (1924-2006). A el e aos investigadores e estudosos que se ocuparon do fenómeno xacobeo vai dedicada esta proposta, a modo de homenaxe.

Enlace: Exposición “Galicia Escandinava”

Dec
9
Xov
Exposición “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” no IES Illa de Ons @ IES Illa de Ons
Dec 9 2021 – Xan 19 2022 all-day

O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, é capaz de alegrarnos o día, resulta beneficioso para a saúde e nos permite aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.

De maneira máis concreta, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. hydra onion hydra onion Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba. Incluímos tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Aproveitamos, de paso, para botar un sorriso cómplice.

Mar
8
Mar
20 anos sen Carlos Casares @ Liceo de Ourense
Mar 8 @ 8:00 PM – 9:30 PM

O Liceo de Ourense acollerá o vindeiro martes 8 de marzo ás 20 horas unha velada ao redor da literatura, a música e mais o teatro da mana de Xosé Carlos Caneiro, Mariana Carballal, María do Ceo e Hakan Casares.

O acto englóbase dentro das actividades que se van celebrar en Galicia durante 2022 en recordo do 20 cabodano de Carlos Casares.

Mar
10
Xov
Charla “20 anos sen Carlos Casares” @ Sala Luis Seoane do Edificio Multiusos de Catoira
Mar 10 @ 7:00 PM – 8:15 PM

O secretario da Fundación Carlos Casares, Gustavo Adolfo Garrido, desenvolverá o xoves 10 de marzo ás 19 horas unha charla sobre a vida, a obra e o legado de Carlos Casares no ano de celebración do seu 20 cabodano.

O acto terá lugar na Sala Celso Emilio Ferreiro do Edificio Multiusos de Catoira, con entrada libre ata completar aforo.

Abr
18
Lun
Exposición “O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares” en Catoira @ Sala Luis Seoane do Edificio Multiusos de Catoira
Abr 18 – Abr 29 all-day

Inicialmente a exposición sobre a colección da obra O Principiño estaba incluída na exposición de maior tamaño titulada “Os mundos de Carlos Casares”. A súa magnitude e importancia supuxeron a súa separación noutra chamada “O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares”. Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia. A súa afección polo libro de Antoine de Saint-Exupéry moveuno a coleccionar O Principiño en todas as linguas do mundo. No momento da súa morte, Carlos Casares tiña na súa colección máis de 100 volumes de distintas edicións de Le petit Prince en linguas xermánicas, eslavas, románicas, escandinavas e mesmo orientais. Ademais de contar coa obra nas linguas da Península Ibérica (galego, portugués, castelán, vasco e catalán) tiña tamén obras en aragonés, asturiano ou estremeño. A colección recolle tamén edicións únicas ou raras de linguas minoritarias, algunhas de mediados dos 70.

“O Principiño arredor do mundo. A colección de Carlos Casares” é unha exposición didáctica para público miúdo e adulto. Recolle máis de 100 edicións do libro de Saint-Exupéry, en máis de 60 idiomas e dialectos do mundo. Así mesmo, a exposición consta tamén de 4 paneis informativos de 2,20 m de alto e 1 tótem introdutorio. Os paneis céntranse na biografía do autor, nunha descrición e análise da novela, da experiencia vital de Carlos Casares e da súa obra infantil.

Enlace: Cartel da exposición.

Horarios: Do 18 ao 29 de abril de 2022 en horario de 10.30h a 12.30h e de 16.30h a 19.30h

Xuñ
17
Ven
Coordenadas 2022. Diálogos Literarios da Fundación Carlos Casares @ Auditorio do Museo das Peregrinacións
Xuñ 17 – Xuñ 18 all-day

QUE É?

COORDENADAS é unha actividade literaria para Santiago de Compostela no ronsel dos Diálogos Literarios clásicos da Fundación Carlos Casares, que se desenvolveron desde 2004 a 2012 entre Mariñán (Bergondo) e Santiago de Compostela.

A súa adaptación ás novas circunstancias ten en conta tres eixes fundamentais: a evolución dos públicos, as tendencias do mercado editorial e o agromar de novas linguaxes. O seu campo de actuación é basicamente a literatura galega –en concreto a novela, o conto e mais o ensaio–, aínda que con extensións ás literaturas peninsulares e incluso ás literaturas europeas e americanas. Procúrase, xa que logo, tender pontes entre a literatura galega e a literatura mundial. Este ano búscase establecer un diálogo entre a literatura, a música, a arte urbana e as homenaxes a escritores e escritoras galegas, nunha edición con moitas sorpresas.

COORDENADAS é posible en especial grazas ao Concello de Santiago de Compostela, co seu apoio ao proxecto dende o primeiro momento. Tamén da Xunta de Galicia e, por suposto, á SELIC – Semana do Libro de Compostela, que, coa súa xenerosidade, permitiu que o evento teña lugar nun marco tan acaído para a ocasión. Vexa aquí o programa desta edición.

INFORMACIÓN

Datas: 17 e 18 de xuño de 2022.
Lugar: Auditorio do Museo das Peregrinacións (Praza de Praterías, 2) e tamén na Praza do Toural.

Xuñ
28
Mar
XVIII Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC 2022) @ Auditorio Municipal Ilduara de Celanova (AMIC)
Xuñ 28 – Xul 1 all-day

A Fundación Carlos Casares, coa Vicerreitoría do Campus de Ourense, o Concello de Celanova, a Deputación Provincial de Ourense, e coa colaboración do AGADIC, promove o XVIII Curso de Verán de Extensión Universitaria (CeMAC 2022) Cinema no bisturí. Deconstruíndo o audiovisual galego actual, unha nova achega na liña temática iniciada hai dezaoito anos co curso Cine e literatura. Casares e o cine, e que veñen reunindo, no berce de Manuel Curros Enríquez, a cualificados especialistas e profesionais do sector para disertar ao redor das súas diferentes disciplinas.

O CeMAC2022 centrarase en coñecer e analizar as singularidades da ficción en formato filme a través de exemplos específicos e de éxito no audiovisual. Pero tamén analizará outros formatos, así como o proceso de consolidación do ecosistema audiovisual, do seu equilibrio industrial e creativo, e os pasos que se están a tomar para a súa normalización no país á marxe de soportes e formatos.

Participarán nas mesas profesionais en diversos aspectos creativos (fotografía, música, guión…) e tamén perfís profesionais das industrias culturais, co fin de analizar a situación do sector e as novas posibilidades transversais de actuación. Ao abeiro deste curso desenvolverase, por undécimo ano consecutivo, o Taller Audiovisual “Celanova, plató de ficción”, baixo a dirección de Paulino Pérez Feijoo. Esta experiencia, eminentemente práctica, está dirixida ao alumnado de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e ten como obxectivo a produción dunha peza audiovisual nun tempo determinado e cun orzamento pechado.

Posibilidade de albergue e transporte gratuíto, pregunta no noso correo (fundaciocarloscasares@gmail.com)

Ago
22
Lun
Exposición fotográfica “Os Camiños de Carlos Casares” en Mazaricos @ Casa da Cultura de Mazaricos
Ago 22 – Ago 30 all-day

A exposición “Os Camiños de Carlos Casares” recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe. A exposición, que forma parte do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, percorreu xa dez concellos galegos do Camiño de Santiago, para goce de peregrinos, turistas e cidadanía en xeral.

Horario de apertura da Casa da Cultura de Mazaricos:

  • Martes a sábado de 9 a 14 horas.
  • Domingo de 17 a 22 horas.