Manuel Rivas e Jon KortazarNo mediodía de onte, sábado, Manuel Rivas ingresaba formalmente na Real Academia Galega, rodeado de moitos amigos, alí sentados, pero tamén coa alegría e o cariño de moitos máis que na distancia vivimos como propia a experiencia gozosa que el estaba a consumar. O escritor, que consagra na Academia a unha nova xeración, levou unha flor de toxo como estandarte e leu o seu discurso de ingreso: A boca da literatura. Memoria, ecoloxía e lingua. Ten xa lugar propio na Institución esa pulsión lírica na forma de narrar que tanto gustaba a Carlos Casares e, inseparablemente, unha visión luminosa do mundo, desprexuizada e atenta. Que siga sendo noraboa.

Manuel Rivas estivo este ano nos Diálogos Literarios de Mariñán, onde campartiu mesa e tertulia cos participantes e logo interveu man con man con José Saramago, na tradicional conferencia pública na Sede da Fundación Caixa Galicia. Nesta foto aparece co poeta e crítico vasco Jon Kortazar, na sobremesa, revisando unha tradución súa ao eúscaro.