Rúa Padre Amoedo Carballo
3
36002
O vindeiro xoves 23 de novembro, o amplo recibidor do Sexto Edificio, que forma parte do Museo de Pontevedra, acollerá un concerto de “Xardín desordenado“, versionando poemas e relatos de Carlos Casares, musicados con ritmos sorprendentes e novidosos que combinan as historias da literatura casariana coa música galega e universal de xeito magnífico.
Este concerto se engloba dentro dos actos que o Concello de Pontevedra organiza ao redor da exposición “Os mundos de Carlos Casares” na cidade, e que conta co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra, a Xunta de Galicia, o Concello de Xinzo de Limia, entre outras institucións.