XXI Encontros Literarios do Liceo de Ourense - Cátedra Carlos CasaresO Liceo de Ourense celebra a vixésimo primeira edición dos seus Encontros Literarios, que terán lugar durante os meses de xaneiro e febreiro do presente ano. O evento está organizados pola Sección de Literatura do Liceo de Ourense e a Vicerreitoría do Campus de Ourense e enmárcase na Cátedra Carlos Casares, financiada pola Deputración de Ourense. Os Encontros Literarios comezaron a súa andaina en 1990 e mantiveron sempre unha alta calidade na escolla dos seus invitados.Na programación deste ano  cóntase co artista, compositor e escritor Luis Eduardo Aute quen, o luns día 17 xaneiro, abriu os Encontros cunha conferencia titulada “Animalario“, na Aula de Cultura do Liceo de Ourense ás 20.15 horas. A seguinte conferencia,  o luns 24 de xaneiro, será a de José Francisco Fernández Naval, poeta, narrador e tradutor, e se titulará “O ritmo da chuvia“. Terá lugar ás 20.15 horas. Por último, o xoves día 3 de febreiro ás 20.15 horas desenvolverase un recital poético-musical a cargo de Xosé Carlos Caneiro, con acompañamento á guitarra de Xosé Manuel Salgado.  O título: “Poemas de Amor para Tempos Difíciles“.Descarga neste enlace o Programa dos XXI Encontros Literarios do Liceo de Ourense. “Música e literatura”