exposicion-principinos-ies-carlos-casares-2016A exposición “O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares” viaxará ao IES Carlos Casares, onde se poderá visitar dende o 16 de marzo e ata o mes de xuño. A mostra consta de máis de 100 exemplares en diversas linguas do mundo, así como outro material expositivo sobre Carlos Casares.

Durante o tempo de exposición, o profesorado realizará unha serie de actividades didácticas relacionadas coa diversidade cultural, as linguas do mundo e a tradución e edición, así como de aspectos literarios e filosóficos da obra de Saint-de-Exupéry.

Queremos expresar o noso agradecemento ao profesorado e dirección do centro (Leandro García Bugarín, Beatriz Martínez ou Almudena Lacomba, entre outros), que coa súa axuda e colaboración desinteresada, e pola paixón amosada na exposición, fixeron posible esta nova viaxe.