When:
25 Xuño, 2020 @ 10:00 AM – 10 Xullo, 2020 @ 1:30 PM
2020-06-25T10:00:00+02:00
2020-07-10T13:30:00+02:00
Where:
Local da Xuventude de Carral
Alcalde Juan Seijas
8
Cost:
Free
Contact:
981672580

Entre os séculos XII e XVI, miles de escandinavos peregrinaron a Santiago de Compostela para render culto ao apóstolo. Había unha ruta marítima, o «Camiño do oeste», Vestvegr en noruegués, que comezaba no porto danés de Ripe. Había outra por terra, a través da península de Xutlandia, o Haervejen en dinamarqués, ou «Camiño da tropa».  E había outra mixta usada polos suecos, de Estocolmo a Lübeck (Alemaña) por mar, e logo por terra xermana cara a Francia ou aos Países Baixos; ou embarcando en Roterdam con rumbo a Galicia.

Esta relación secular entre pobos tan distantes e diferentes enriqueceu o fenómeno xacobeo, deixando numerosas pegadas en ambos, sobre todo de Galicia e do culto ao Apóstolo nas terras escandinavas. É o que queremos mostrar nesta exposición: a Gallaecia escandinávica da que falaba o medievalista Vicente Almazán (1924-2006). A el e aos investigadores e estudosos que se ocuparon do fenómeno xacobeo vai dedicada esta proposta, a modo de homenaxe.

Enlace: Exposición “Galicia Escandinava”