When:
27 Setembro, 2021 @ 11:00 AM – 29 Setembro, 2021 @ 4:30 PM
2021-09-27T11:00:00+02:00
2021-09-29T16:30:00+02:00
Where:
Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense
Rúa do Progreso
30 (32002
Ourense)
Contact:
FUNDACION CARLOS CASARES

Este ano a edición número 17 do Curso de Medios Audiovisuais traslada a súa celebración de Celanova á cidade de Ourense. Baixo a dirección do profesor Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez e co título Rodado en Ourense. Os desafíos do audiovisual galego, a cita terá lugar do 27 ao 29 de setembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Como en edicións anteriores, a programación achegarase ás últimas producións audiovisuais galegas de man de membros dos seus respectivos equipos, sendo nesta ocasión protagonistas as producións Malencolía, Eles traen a morte, Olvido y León e Cuñados. Tamén se celebrará o Taller Audiovisual Celanova: Plató de Ficción, baixo a dirección do profesor Paulino Pérez e no que alumnado de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da UVigo producirá unha peza audiovisual na vila de Celanova.

Matrícula información e programa: A partir do 4 de xuño na sección de Campus Activo da UVigo.

Nota: Existen 15 bolsas que a Fundación Carlos Casares pon a disposición da xente que queira matricularse, e que cobren a totalidade do custo do Curso. Para máis información e condicións pódese usar o mail info@fundacioncarloscasares.org ou fundacioncarloscasares@gmail.com