Entre os asistentes aos II Diálogos Literarios deste ano temos unha convidada especial, Ángela García (Colombia, 1957), poeta, tradutora e colaboradora de Lasse Söderberg nas labores da editorial Aura Latina e na organización dos Encontros de Poesía en Malmö (Suecia). Estudou Ciencias da Comunicación e practicou o xonalismo literario, participando tamén na fundación do Festival de Poesía de Medellín onde asumíu a súa dirección executiva desde 1991 a 1999.
Como poeta, Ángela García ten xa unha produción importante: Entre leño y llama, (Serie Hipnos, 1993); Rostro de Agua (serie Hipnos, 1997); Farallón Constelado/ Sternige Klippe (Delta, Stuttgart, Alemania, 2003), edición bilingüe ao coidado de Jona e Tobías Burghardt, que tamén a traduciron; De la fugacidad/Om flygtigheten (Aura Latina, Malmö, 2005) edición bilingüe con tradución de Lasse Söderberg; Veinte grados de latitud en tres horas (Smederevo, Serbia, 2006), edición bilingüe con tradución de Zlatko Krazni.; Doce poemas sobre el silencio (Poesía con C, Malmö, 2009), que foi traducida ao sueco por Ulrika Serlin, e, por último, ata o momeonto,Todo lo que amo nace continuamente (Ed. Universidad EAFIT, Medellín, 2010).
Os críticos salientan na súa poesía a excitabilidade e a exaltación dos sentidos, así como a mestría no uso do monólogo, quizás como produto da necesidade da escritora de recoñecer a voz. A propia Ángela ten comentado que basa a súa poesía no tempo, a contemplación e a propia experiencia.
Ángela García ten publicado artigos e outras colaboracións en revistas de poesía en español (Revista Prometeo ou Punto Seguido); alemán (Revista Queungen ou Literatur Magazin), e sueco (Post Scriptum ou Lyrikvännen). Como tradutora, verteu do sueco ao español unha obra poética variada: Las piedras de Jerusalén, de Lasse Söderberg, co propio autor, ademáis de escolmas dos poetas Goy Persson, Henrik Nilsson, Jenny Tunnedal e Ak Welsapar.Tamén traducíu, de María Gripe, El túnel de cristal e mais En el tiempo de las campanas.