A XIV edición do CeMAC é xa un referente na formación audiovisual galega, e deixounos unha das participacións máis altas de alumnado nos últimos tempos. Baixo o título “A obra audiovisual. Suma de talentos”, este ano a participación foi a máis alta de toda a súa historia. Animáronse a participar tamén profesionais do ensino, polo simple gusto de aprender e seguir formándose noutros eidos. Hai que incidir no feito de que as matrículas están abertas a todo aquel que queira asistir.
Levouse a cabo a presentación de Van a cargo da súa equipa, formada na parte técnica por estudantes de Comunicación Audiovisual do campus de Pontevedra e na parte actoral por estudantes da Escola Superior de Arte Dramática.
A curtametraxe, duns 18 minutos, dirixida polas alumnas Claudia Alonso e Cristina Burgos, e producida por Cecilia Gil e Laura Pena, conta a historia de Unai e Gabi, dous amigos que emprenden una road movie na súa furgoneta. A curta rodouse en diferentes localizacións da provincia de Pontevedra, como foron Tomiño, Oia, Nigrán e Baiona, co mar, a furgoneta e condicións climatolóxicas adversas, recoñece Paulino Pérez, produtor executivo, “complicaron a rodaxe pero enriqueceron a experiencia”.
O atractivo desta edición foi sen dúbida a MasterClass da equipa do filme Dhogs, que ocupou a segunda xornada de xeito completo, e na que os alumnos comprenderon as dificultades e xeito de realizar unha película desde o seu xermolo ate a fase de distribución. Os asistentes salientan o interesante que é poder escoitar profesionais como Diana López (guionista), Antonio Durán Morris (actor) ou Gaspar Broullón (produtor) que se achegaron aos alumnos cun descurso cercano baseado na experiencia dos seus propios erros e acertos na práctica audiovisual.
Fernando Jover, director de fotografía, impartiu unha clase maxistral sobre Dirección de Fotografía. Os alumnos agradeceron a inclusión desta clase práctica dentro da programación e a animan aos organizadores a incluir máis xornadas deste tipo en vindeiras edicións.
O CeMAC 2017 estivo marcado tamén pola pegada de Carlos Casares, homeaxeado das Letras Galegas 2017. Sobre a súa obra e a relación arredor do cine falaron Miguel Anxo Fernández, e os asistentes participaron na práctica de idear un guión para a súa novela Ilustrísima, inspirada na época da chegada do cinematógrafo a Ourense, impartida por Ángel de La Cruz.
Na saída da mesma puidemos entrevistar a algúns alumnos para preguntarlles sobre a necesidade dun cinema galego feito na nosa lingua. A sorpresa foi coñecer a unha alumna uruguaia que se estableceu en Galicia hai menos dunha década. Leticia fala galego con extrema corrección e dános a súa opinión sobre a relación do idioma co cinema, tendo en conta que estas xornadas se realizan a través da Fundación Carlos Casares, escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2017: “Coñecín a Carlos Casares a través do Día das Letras Galegas. Fai falla que exista o día das Letras e que se reivindiquen escritores e escritoras galegas para achegarnos a eles. Eu son Urugualla, levo case dez anos en Galicia. A lingua é un patrimonio cultural que temos que coidar. Calquera película se pode ver en calquera idioma. Subtitúlase e listo. Falta máis cinema en galego. É preocupante ver as estatísticas sobre o pouco cinema rodado no nóso idioma dentro do radio español”.
Carlos Casares tivo tamén o seu oco especial nestas xornadas onde se puido contemplar unha exposición que resumía a súa paixón co cinema ao redor de estractos das súas novelas, artigos, e tamén o público puido comprobar en primicia extractos de fotogramas de varias pezas inéditas que a familia do escritor rescatou este ano para a futura elaboración do documental que realizará a directora Lara Bacelo sobre o escritor, producido por Madre Films, xunto coa Agrupación Cinematográfica Galega.
Outra das xornadas estivo inspirada na creación de obra audiovisual pensada para distribuir a través de plataformas como Youtube ou Flooxer. Poetarras, Porco Bravú, Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva ou Sara Varela foron os expertos que estimularon as ganas de crear contidos compartidos en redes entre os alumnos.
O CeMAC repetirase o ano que vén, dando lugar á XV edición. Os organizadores prometen unha edición especial chea de sorpresas e dan as grazas á UVigo e á Deputación de Ourense polo apoio prestado para a súa organización.
Galería da xornada do mércores 5
Galería da xornada do xoves 6
Galería da xornada do venres 7