When:
11 Setembro, 2020 @ 9:30 AM – 12 Setembro, 2020 @ 8:30 PM
2020-09-11T09:30:00+02:00
2020-09-12T20:30:00+02:00
Cost:
Free

A Fundación Carlos Casares organiza, os días 11 e 12 de setembro, a segunda edición das Xornadas “Videoxogo e Literatura. Unha mirada transversal”, na que se debaten e analizan a situación e perspectivas do sector do lecer interactivo en Galicia e as súas posibles sinerxías co sector cultural, con especial atención á literatura, e se impartirán faladoiros especializados. O evento terá lugar, igual que o ano pasado, no Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

Ademais, haberá dúas competicións para a creación de contidos artísticos dixitais nos que se mesturen videoxogo, arte e literatura. Unha de arte pixelado ou “pixel art” e outra de desenvolvemento de videoxogos ou “game jam”.

Por último, e en colaboración co Museo do Videoxogo de Cangas (MUVi), desenvolverase unha exposición presencial e virtual baixo o título de “A historia dos videoxogos en 360º”. Como novidade, dentro da exposición poderán verse proxectos desenvolvidos en Galicia.