Valentín García Gómez (Abades, Silleda, 1970) é licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Administración Local pola mesma universidade. É responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Estrada dende 1994, membro da Comisión de Seguemento do Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega e secretario da Fundación Castelao, entre outras responsabilidades no ámbito da cultura. Foi presidente da Coordinadora Galega de Traballadores/as de Normalización Lingüística. Entre a súa produción salienta o “Informe-proposta sobre a organización dos servicios lingüisticos” recollido en Xornadas de coordinación de políticas lingüísticas (Fundación Enclave, 2003) e mais A Estrada rural (Deputación de Pontevedra, 2004), reedición revisada, ampliada e actualizada do famoso libro de Reimóndez Portela.
Fernando Ramallo Fernández (Vigo, 1965) Doutor en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Sociolingüísta e actualmente profesor de Lingüística Xeral na dita universidade. É autor de numerosas publicacións no eido da sociolingüística galega, entre elas A planificación lingüística nos centros educativos (Xunta de Galicia, 2008), Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia (Consello da Cultura Galega, 2008), e máis New Perspectives on Endangered Languages (John Benjamins, 2010). Coedita a revista Sociolinguistic Studies e dirixe o grupo de I+D “Observatorio de sociolingüística” da Uvigo.