“Doentes”, de Gustavo Balza, será o filme galego que pechará o VIII Curso Universitario de Comunicación Audiovisual de Celanova, que leva por título “Cine galego. Entre o obxectivo identitario e a produción low cost“, o venres 22 de xullo. Tras o seu visionado, trataranse os temas de guión e dirección (co propio Gustavo Balza e Roberto Méndez), produción (Antón Reixa), fotografía e dirección artística (Suso Bello e Alexandra Fernández), e interpretación (Manuel Olveira “Pico” e Antonio Durán “Morris”).

Enlace: VIII Curso Audiovisual de Celanova