O pasado 26 de maio no Liceo de Ourense tivo lugar o acto literario de entrega do XI Premio Carlos Casares de microrrelato. O concurso, organizado pola entidade cultural ourensá está dotado cun premio de 1.500 euros, que recau este ano en Yose Álvarez-Mesa, polo seu traballo titulado “La cena de despedida”. O xurado estivo integrado polo presidente do Liceo, Maite González en representación do Grupo Cuevas, patrocinador do concurso, Teresa Devesa, Loly Conde, Rosa Estévez, Segismundo Bobillo e Xavier Casares. Actuou como secretario Juan Fonseca Moretón. Este xurado alabou a alta calidade dos traballos presentados, resaltando a dificultade na escolla da obra premiada.
A entrega do premio estivo enmarcado nas Festas do Liceo, que se celebraron nesta fin de semana. O acto completouse cunha actuación da Coral do Liceo, que interpretou obras literarias musicalizadas, na súa maioría poesía.