Con motivo da conmemoración do décimo aniversario do pasamento de Carlos Casares, convocouse un concurso de creación plástica e de creación literaria, destinado a estudantes de educación infantil, primaria e secundaria, promovido conxuntamente polo Centro de Cultura Popular do Limia, o Museo da Limia e a Fundación Carlos Casares.

Nos Colexios de Educación Infantil e Primaria, os escolares elaboraron as súas creacións a partir das seguintes obras do autor: A galiña azul; As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas; O galo de Antioquía; O can Rin e o lobo Crispín; Este é Toribio; Toribio contra o profesor Smith; Toribio e o contador de contos, e Lolo anda en bicicleta.
Nos Institutos de Educación Secundaria, as obras seleccionadas foron: Vento ferido; Ilustrísima; O sol do verán e Un país de palabras.

Ao certame concorreron 193 traballos, separados en dúas modalidades, ben fosen de carácter literario ou plástico, procedentes de todos os centros educativos da comarca. A autoría podía ser tanto individual como en grupo. Durante os meses de maio e xuño, as creacións dos escolares estiveron expostas no Museo da Limia e na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, para que os visitantes das exposicións tiveran a posibilidade de emitir o seu voto a prol dos seus favoritos, poidendo votar un traballo artístico por categoría e por modalidade.

A. Modalidade literaria:

1. CATEGORÍA 2: ex aequo:
– “¡Xa son famosa!”: Paula Opazo Lozano ( CEIP Carlos Casares, de Xinzo de Limia).
– “O galo de Antioquía”: Edgar Rodríguez María ( CEIP Rosalía de Castro, de Xinzo de Limia).
2. CATEGORÍA 3:
– “A Rapaza do circo III”: alumnos de 1º A e 1º B de ESO ( IES Cidade de Antioquía, de Xinzo de Limia).

B. Modalidade plástica:

1. CATEGORÍA 1:
– “Bomba da felicidade”: Ainara López Conde ( CEIP plurilingüe de Vilar de Barrio).
2. CATEGORÍA 2: ex aequo:
– “Pili, Mili e Sili”: Ángela Tejada Seoane, Laura Rodríguez Parada e Antía Piñeiro Balvís ( CEIP Rosalía de Castro, de Xinzo de Limia ).
– “O galo de colores”: Iván Villarino Gómez e Roberto Rodríguez Afonso ( CEIP Rosalía de Castro, de Xinzo de Limia ).
3. CATEGORÍA 3:
– “Violetas”: Uxía Formoso Salgado e María Souto Limia
– ( IES Lagoa de Antela, de Xinzo de Limia ).
4. CATEGORÍA 4:
– “ K ( … )”: Kelly Domínguez Dacal e Adolfo Dacal Rodríguez ( IES Lagoa de Antela, de Xinzo de Limia ).

Ademais dos premios establecidos nas bases do concurso, o xurado tivo a ben outorgar tres mencións especiais a traballos que, se ben non cumplían con algún dos requisitos expostos nas bases, merecían un recoñecemento pola súa calidade:

– “Escola de tráfico Os Roteiros”: alumnos do 2º ciclo do CEIP Antonio Vázquez (Rairiz de Veiga).
– “Lolo anda en bicicleta”: todos os alumnos do CEIP de Sarreaus.
– “Mosaico de Carlos Casares”: alumnos do CEIP Rosalía de Castro, de Xinzo de Limia.

Os premiados recibirán un diploma de recoñecemento e un lote de libros, doados pola Fundación Carlos Casares. Será no acto literario que se ha de celebrar ao comezo do próximo ano escolar, 2012/2013, no que tamén se fará a presentación do número 11 da revista Lhetes, do Centro de Cultura Popular do Limia, que inclúe unha sección dedicada a recoñecer a figura e a obra do ilustre escritor limiao Carlos Casares. Os traballos escolares recoñecidos serán incluídos na dita publicación.