Os Premios da Crítica do ano 2011, fallados este sábado en Soria, deixan en galego dous novos galardoados: Antón Riveiro Coello en narrativa e Olga Novo en poesía.

Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) foi galardoado co Premio da Crítica 2012 en narrativa pola súa obra Laura no deserto. En catro relatos entrelazados con distintos escenarios e narradores, Riveiro Coello desenvolve unha trama que abarca dende 1936 ata os anos 80, abordando temas como o xenocidio nazi e os campos de concentración franquistas.

En poesía, Olga Novo (Vilarmao, Pobra do Brollón, 1975) recibiu a distinción polo seu poemario titulado Cráter, onde reflite as súas emanacións vitais e a potencia dunha poesía vencellada á terra e á sexualidade.

Dende a Fundación queremos expresar os nosos parabéns aos dous premiados neste 23 de abril, Día do Libro.