Encontros de Mondariz-Balneario Baixo o título Humanización e novas tecnoloxías. A Sociedade do Coñecemento alén da crise, os IX Encontros de Mondariz-Balneario acollerán renomeados especialistas nacionais e internacionais para reflexionar sobre a Sociedade do Coñecemento a través de diferentes enfoques da estrutura social.O traballo, os negocios, a política, a educación, a cultura… Entre os especialistas que acudirán á cita anual de Mondariz-Balneario están Darío Villanueva, Javier Echevarría, Haizam Amirah Fernández, Enrique Dans, Younes M´Jahed ou Domingo Docampo.

Os Encontros, que este ano se achegan á súa 9ª edición, conforman un foro de debate estable sobre cuestións fundamentais do mundo contemporáneo e terán lugar durante os días 18, 19 e 20 de outubro no Hotel Balneario de Mondariz.

Enlace: Programa dos IX Encontros de Mondariz-Balneario