Baixo o lema “Humanización e novas tecnoloxías. A Sociedade de Coñecemento alén da crise” comeza o vindeiro martes, día 18 de octubre, a novena edición do foro anual que leva o nome da fermosa vila balnearia, ideado por Carlos Casares en 2002 e posto en marcha  pola Fundación. Ata o xoves, día 20, levaranse a cabo catro sesións, máis unha conferencia pública e un faladoiro aberto. Nelas escoitaremos a unha selección de expertos de contrastada solvencia e teremos a posibilidade de dialogar con eles e reflexionar xuntos sobre unha das cuestións clave para o progreso material e social.

Nun principio os termos Sociedade da Información e Sociedade do Coñecemento referían a mesma realidade, sendo este último, acuñado a finais dos anos 90, a fórmula de uso académico contraposta á anterior, máis popular e ‘xornalística’. Hoxe, porén, revisten unha diferencia fundamental. Mentres a Sociedade da Información se relaciona directamente coa innovación tecnolóxica, a Sociedade do Coñecemento inclúe unha dimensión de transformación social, cultural e política, referíndose á sabiduría, á intelixencia, no seu sentido máis centrado. A Sociedade da Información é, como definíu a UNESCO, a pedra angular, a trabe de ouro da Sociedade do Coñecemento.

O programa dos IX Encontros de Mondariz-Balneario confeccionouse con profesionais de distintas áreas e diferente orixe, co propósito de obter unha ampla panorámica do tema. O evento foi pensado, desde o inicio, como un foro de debate cívico, non como unha reunión científica nin un seminario académico. Será inaugurado polo profesor Darío Villanueva犀利士
ong> e clausurado polo profesor Domingo Docampo, abordando o tema da lectura dixital -a lectura, que está na base de todo coñecemento- desde dous puntos de vista complementarios. Nas sesións intermedias, o filósofo Javier Echeverría achegaranos á evolución do termo. Haizam Amirah e M’Jahed Younes reflexionarán sobre os cambios que as novas tecnoloxías están a provocar no Mediterráneo -e non só alí-, e Enrique Dans referirase á ruptura da política, tal como a viñamos coñecendo, un achegamento que estará precedido por un faladoiro no que participarán Luís Cuntín, Lois Rodríguez Andrade e máis Hakan Casares.