O pasado xoves 30 despedimos outubro cunha velada ao redor de Gonzalo Torrente Ballester. Unha sesión longamente esperada, durante anos incluso, agardando un oco oportuno na axenda da profesora Carmen Becerra, se cadra a persoa que coñece con máis profundidade a figura e a obra do escritor ferrolán. Ao cabo, os astros configuráronse nese penúltimo día do mes para que puidésemos disfrutar dunha viaxe fabulosa polas cidades de GTB: Ferrol, Pontevedra, Vigo, Salamanca, Albany, Madrid… a través dos textos, a imaxe e a voz do propio escritor.

Sesión 8ª do Café Voltaire. Miguel Oliveira Restaurante. MARCO

Durante a sesión o público degustou os seis bocados de rigor, preparados polo chef Miguel Oliveira, esta vez relacionados con seis momentos da vida de GTB: a croqueta de xamón do Novelty (Salamanca); a empanada de lombo de porco adobado do Pampín (Ramallosa, Nigrán); a tortilla de pataca do Monterrey (Baiona) das tertulias do verán con Carlos Casares, Manuel Prego de Oliver e Miguel Viqueira. O recordo dos milagres de María Fernanda Sánchez-Guisande para levar o peixe a tantas bocas ilustrouno Oliveira cun bocado de ventresca sobre ensalada de pataca, delicioso como un pinxo de nube. E tamén non faltaron nin a cotufa de tetilla nin os melindres que tanto saboreaba o scritos.

L30337_S7_Carmen_Becerra_GTB_webO viño veu do Bierzo: un excelente Cuatro Pasos Black (Adegas Cuatro Pasos), de uvas mencía de viñedos vellos criados sobre terras limpas, cortesía de Adegas Martín Códax. Como foi cortesía a ventresta en aceite de Cabo de Peñas, cedidas por Connorsa a través da Fundación Clúster de Conservación de Productos del Mar.

L30335_S7_Carmen_Becerra_GTB_web

Como é habitual nesta temporada do Café Voltaire, que xa é a quinta, e por iniciativa da Agrupación de Amigos do MARCO, convidamos a un artista relacionado co museo a explicarnos brevemente o que está a traballar neste momento. Esta vez foi a pintora Helena Fernández Prada, que nos mostrou o fino engarce fai con fragmentos dos mestres da pintura. É difícil pedirlle máis a unha tarde con amigos.

Sesión 8ª do Café Voltaire, con Carme Becerra.