Tag

bibliografía

Carlos Casares, Publicacións

O sol do verán

O suicidio do vital e atractivo Carlos aos 27 anos de idade desencadea os mecanismos do recordo en Helena, a muller que o atopou deitado na bañeira despois de se pegar un tiro. Helena, amiga do finado desde a infancia, repasa unha historia común que se remonta aos anos da nenez e as vacacións de verán compartidas. Nostálxica, sentimental e…

Continuar
Carlos Casares, Publicacións

Deus sentado nun sillón azul

Unha muller contempla desde a ventá a triste existencia, nun piso ao outro lado da rúa, de quen noutro tempo fora un afouto escritor e profesor. A partir da súa mirada, Carlos Casares recrea en Deus sentado nun sillón azul todas as tensións e os medos dunha época, a da posguerra española e a Segunda Guerra Mundial, nunha pequena cidade…

Continuar
Carlos Casares, Publicacións

Un país de palabras

 Quince ensaios de pequena extensión compoñen Un país de palabras, unha colección editada por Galaxia en 1998. Casares xunta neste volume o seu amor polos aspectos menos usuais da historia e os costumes de Galicia e, sobre todo, a admiración pola literatura e os amigos. Percorren as páxinas de Un país de palabras escritores clave na literatura galega e portuguesa…

Continuar
Carlos Casares, Publicacións

Os mortos daquel verán

A descuberta do cadáver do boticario Modesto Vilariño Dacal nos días posteriores ao levantamento de xullo de 1936 desencadea unha investigación que desvela o clima de enfrontamento que medra desde hai anos nunha pequena vila galega. A rivalidade entre as forzas progresistas, representadas polo mesmo boticario e un sindicalista ao que se busca en relación co suceso; e as reaccionarias,…

Continuar
Carlos Casares, Publicacións

Ilustrísima

A chegada do cinematógrafo a unha pequena cidade galega desata o enfrontamento entre o bando máis intransixente do clero, apoiado polas profecías apocalípticas dunha monxa coa aparente capacidade para levitar, e o talante aperturista do bispo, un home tan devoto como amante dos praceres terreais e do trato coa xente do común. Ilustrísima, publicada pola Editorial Galaxia en 1980, é…

Continuar
Carlos Casares, Publicacións

Os escuros soños de Clío

Viquingos sanguinarios, curas inquisidores, republicanos, fidalgos e masóns xúntanse nas páxinas d´Os escuros soños de Clío, un exercicio de ficción histórica en forma de pequenos relatos publicado orixinalmente por Edicións do Cerne en 1979. Nas súas páxinas preséntanse, con forte pegada cunqueiriana e a modo de descubertas bibliográficas cheas de humor erudito, as peripecias de dous guerreiros nórdicos, Torbjörn e Orm,…

Continuar