Tag

bibliografía

Carlos Casares, Publicacións

Xoguetes para un tempo prohibido

Na súa terceira novela, Carlos Casares acompaña ao protagonista, Elías Paz, desde a nenez nunha pequena vila ourensá ata os tempos de estudante universitario en Compostela. O texto enlaza nunha hábil mestura a segunda e a terceira persoas, no que é considerado o cumio da etapa máis experimental do seu autor. Xoguetes para un tempo prohibido percorre os diversos escenarios…

Continue reading
Carlos Casares, Publicacións

As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas

O nacemento nun limoeiro dunhas enormes laranxas que estoupan cando se lles toca reúne a toda unha colección de veciños estraños e dá pé a un rosario de situacións absurdas e hilarantes. Debedora do surrealismo e mesmo do cinema humorístico dos primeiros tempos, As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas é unha pequena peza dramática desbordante de alegría, que Carlos…

Continue reading
Carlos Casares, Publicacións

A galiña azul

A galiña azul é probablemente o máis popular dos libros de Carlos Casares e un dos fitos fundamentais da literatura infantil galega. Publicada orixinalmente en 1968, foi unha das primeiras obras editadas en galego para público miúdo. O libro toma a forma dunha carta enviada a unha nena e nel aparecen personaxes inesquecibles coma Leoncio, un tolo moi cordo que…

Continue reading
Carlos Casares, Publicacións

Cambio en tres

A violencia diaria, exercida de pais a fillos, de homes a mulleres, entre compañeiros; a dureza da vida, primeiro nas cidades e despois no estranxeiro; e a falta de expectativas durante os anos centrais da ditadura. Con estes elementos compuxo Carlos Casares Cambio en tres, unha das súas obras máis experimentais, que entroncou no seu día coa prosa europea de…

Continue reading
Carlos Casares, Publicacións

Vento ferido

Unha ducia de relatos curtos forman Vento ferido, o libro que deu a coñecer a Carlos Casares en 1967 no entón nacente panorama literario galego. Nesta primeira obra, o autor toca xa algúns dos temas que serán fundamentais na súa traxectoria: a memoria, a desesperanza e a violencia. É esta última a que destaca nos descarnados contos de Vento ferido,…

Continue reading
Noticias

A narrativa breve completa de Casares, xa nas librerías

Dende hai un par de semanas está dispoñible nas librerías o volume que recompila todos os contos e relatos de Carlos Casares, verquidos ao castelán, grazas á editorial Libros del Silencio. O libro, Narrativa breve completa, formado tras un intenso labor de revisión de publicacións de diverso tipo, tanto extemporáneas como periódicas, vén cun lúcido e cariñoso prólogo de Juan…

Continue reading