Category

Publicacións

Documentos publicados pola Fundación Carlos Casares

Actividades, Carlos Casares, Noticias, Publicacións

Carlos Casares xa se pode ler en esperanto

Hoxe, ás 11 horas, o auditorio da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo acolleu un faladoiro sobre as novas traducións de Vento ferido, a ópera prima de Carlos Casares e a importancia da tradución no sistema lingüístico e literario galego. Presentado polo decano da facultade, Luis Alonso Bacigalupe, a primeira intervención correu a cargo de Håkan Casares,…

Continue reading
Actividades, Noticias, Publicacións

As últimas novidades editoriais sobre Carlos Casares

O remate das Letras Galegas 2017 deixou moitas e importantes novidades editoriais das que agora nos facemos eco. Xa durante o resto do ano foron aparecendo diferentes estudos, ensaios, artigos, homenaxes e adaptacións musicais ligados á figura de Carlos Casares, así como diversas publicacións de obra súa, nalgún caso inédita ata o momento. Entre as últimas publicacións do ano podemos…

Continue reading
Carlos Casares, Publicacións

Á marxe, 1995. Obra xornalística IV

A produción xornalística de Carlos Casares continuou en 1995 a través da súa columna ‘Á marxe’, a ventá á que cada día se asomaba nas páxinas de La Voz de Galicia para conversar coa que, xa por entón, era unha lexión de seguidores. Para este ano, a estrutura e o ton do artigo estaba completamente establecida: un comentario relaxado, con…

Continue reading
Carlos Casares, Publicacións

Conversas con Ánxel Fole

Editado por Galaxia en 1984, Conversas con Ánxel Fole é a transcrición feita por Carlos Casares dunha charla mantida en Lugo, en xaneiro de 1983, co gran autor da narrativa breve galega. O libro, escrito coa mestría e a precisión casariana, reflicte un momento no que a calquera amante das boas historias lle gustaría ter estado: unha conversa chea de anécdotas incribles…

Continue reading
Carlos Casares, Publicacións

Curros Enríquez

A figura de Manuel Curros Enríquez foi a primeira das estudadas por Carlos Casares para a colección Conciencia de Galicia, editada por Galaxia nos primeiros anos 80, á que achegou tamén biografías de persoeiros como Vicente Risco e Otero Pedrayo. Trátase dun libro de pequena extensión mais de gran fondura, pois achégase a unha personalidade tan atraente como enigmática, a…

Continue reading