Tag

Certames

Noticias

Concurso de microrrelatos “Carlos Casares”

O Liceo de Ourense organiza o XI Premio Literario “Carlos Casares” na modalidade de microrrelato e vinculado, nesta edición, a contidos relacionados coa gastronomía. Poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos, cunha extensión máxima de 1.500 caracteres, antes do 11 de maio de 2012. O concurso está dotado cun premio de 1.500 euros para a persoa…

Continue reading
Noticias

Viale, Meabe, Casasses e Vázquez premiados polo Centro PEN

O pasado xoves 23 de febreiro o Centro PEN de Galicia anunciou os IX Premios Rosalía de Castro, organizados pola institución en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os galardóns, cuxo obxectivo é dar recoñecemento, dende a literatura galega, a escitores de sistemas literarios da veciñanza, recaeron este ano en:…

Continue reading
Actividades, Noticias

Concurso de creación literaria e plástica na Limia

Dentro dos actos recordatorios do décimo cabodano do pasamento de Carlos Casares, programados para o ano 2012 na Limia, o Centro de Cultura Popular, o Museo da Limia e a Fundación Carlos Casares veñen de convocar un concurso de creación literaria e creación plástica dirixido aos alumnos e alumnas dos centros escolares da comarca. O tema do concurso é a vida e…

Continue reading
Actividades, Noticias

X Premio Literario “Carlos Casares” do Liceo de Ourense

  Por décimo ano consecutivo, o Liceo de Ourense organiza o Premio Literario “Carlos Casares” na modalidade de Microrrelatos.  Dotado con 1.500 euros de premio e organizado polo Liceo de Ourense, as persoas interesadas poden presentar ata tres inéditos en calquera das linguas oficiais de Galicia. O traballo ou traballos, cuxa extensión non debe superar os 1.500 caracteres, deben presentarse…

Continue reading
Noticias

O premio ‘Francisco Mantecón’ 2009 veu de Valencia

O xoves 10 fallouse publicamente o premio do oitavo Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario ‘Francisco Mantecón’, patrocinado polas Bodegas Terras Gauda. Foi en Vigo, no Hotel Pazo dos Escudos, diante de máis de cincocentos convidados que  puideron admirar, tamén, unha longa mostra dos máis de 1.400 traballos presentados ao concurso. O primeiro premio foi para Angel Luis González, de Valencia,…

Continue reading
Noticias

Kirmen Uribe, Premio Nacional de Narrativa

O escritor vasco Kirmen Uribe vén de gañar o Premio Nacional de Narrativa pola súa novela Bilbao-New York-Bilbao, obra coa que xa recibira o Premio da Crítica de narrativa en euskera no ano 2008. Dende a Fundación Carlos Casares congratulámonos do merecido galardón a este gran escritor que, no pasado mes de xuño, acudiu convidado aos VI Diálogos Literarios de…

Continue reading