Tag

Ciencia e sociedade

Actividades, Noticias

Personaxe e obra centran a clausura do ciclo ´Darwin 2009`

A última xornada do III Ciclo Ciencia e Sociedade, que celebra este ano o bicentenario do nacemento de Darwin e o 150 aniversario da publicación de A orixe das especies, centrou o foco na figura e mais na obra do científico británico. Francisco Pelayo, do Instituto de Historia, abordou na súa conferencia a biografía intelectual de Charles Darwin e os…

Continue reading
Actividades, Noticias

Dos virus RNA ás mandíbulas de Atapuerca

A primeira conferencia da tarde de onte, dentro do III Ciclo Ciencia e Sociedade dedicado a Darwin, correu a cargo de María Martinón Torres, especialista en Antropoloxía Dental do Centro Nacional de Investigación sobre Evolución Humana (Burgos). A doutora Martinón realizou un repaso ao descubrimento dos restos óseos de Atapuerca explicando detalladamente á riquísima información das descubertas. “O achádego máis…

Continue reading
Actividades, Noticias

O Dr. Emilio Rolán inaugura o ciclo sobre Darwin

Onte tivemos a oportunidade de escoitar ao malacólogo Emilio Rolán na Sede Fundación Caixa Galicia de Vigo, dentro do III Ciclo Ciencia e Sociedade que anualmente organizamos coa colaboración da Fundación Caixa Galicia e mais da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O Dr. Rolán deu a conferencia de apertura do ciclo, A evolución no mundo dos moluscos, na que explicou…

Continue reading
Actividades, Noticias

Montoliu e Feito pecharon o ciclo sobre clonación

O pasado xoves 23 rematou o II Ciclo Ciencia e Sociedade: A clonación na actualidade e as súas aplicacións, que se viña celebrando dende o martes 21, baixo a coordinación do profesor Daniel Soutullo, na Sede Fundación Caixa Galicia, entidade patrocinadora. As dúas últimas conferencias correron a cargo dos doutores Lluís Montoliu José, director do Laboratorio de Bioloxía Molecular do CNB (Centro Nacional de Biotecnoloxía), e Lydia Feito Grande, profesora de Ética na Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid. Montoliu dedicou a súa exposición, Biotecnoloxía animal e clonación, a mostrar os logros da clonación animal: obtención de individuos transxénicos e mutantes, e rescate de especies ameazadas de extinción; mais tamén as dificultades para avanzar: a limitación da clonación ás ratas e á transferencia nuclear en porcos. Tamén chamou a atención o doutor Montoliu sobre o papel retardador do fraude no avance da investigación. Sobre isto, recordou o vergonzoso caso do científico coreano Woo Suk Hwang (2005), que publicou ter clonado células embrionarias humanas.

A obtención de células iPS (induced Pluripotent Stem cells) ou células somáticas reprogramadas e convertidas en embrionarias, foi outro dos puntos tratados extensamente polo doutor Montoliu. A súa importancia é enorme, pois de conseguirse a súa produción estandar remataría o debate ético que hoxe mantemos arredor das células embrionarias, por innecesarias. Finalizou a súa intevención coa noticia dun traballo de Kevin Eggan e outros, aparecido na edición de agosto pasado da revista Science, sobre a obtención de células iPS de doentes con ALS (Esclerosis Lateral Amiotrófica), de idades avanzadas, que foron logo diferenciadas en neuronas motoras.

A doutora Lydia Feito alertou na súa intervención, Ética e clonación, contra a utilización frívola ou interesada dos resultados e aplicacións da clonación, como se adoita a ver na prensa con demasiada frecuencia. É ben doado manter un comportamento natural neste tema, basta con “non crear falsas espectativas nen medos infundados”. É lóxico, salientou, que a xente sinta un certo desacougo diante da capacidade de modificación e intervención científica e tecnolóxica que temos. Os cambios que se producen ou poden producirse xa non son só cuantitativos, senón tamén cualitativos.

O enfoque da doutora Feito resultou dabondo ilustrativo, pois non se limitou a unha exposición dos puntos chave do debate ético sobre a clonación, dende onde se procura a súa maldade ou bondade absolutas, senón que deunos sinxelas ferramentas para poder abordar con naturalidade os grandes argumentos, que con frecuencia adoitan vestir palabras requintadas e apoiarse en conceptos máis febles do que parecen.

Continue reading
Actividades, Noticias

Segunda sesión do Ciclo Ciencia e Sociedade

Coa intervención de Daniel Soutullo e mais de Aitziber Emaldi, onte mércores, abordáronse os aspectos técnicos e xurídicos da clonación. O profesor Soutullo, no seu relatorio A clonación non reprodutiva e a investigación con células troncais humanas, explicou detalladamente os procesos de obtención dun embrión e definiu os diferentes tipos de células ás que podía dar orixe. Con certa frecuencia a utilización lixeira de términos técnicos de certa novidade induce a erros importantes no debate público; deste xeito a definición de célula troncal, nas súas variantes embrionaria e adulta, así como das propiedades das células (pluripotencia, totipotencia, etc.) resulta imprescindible en temas desta transcencencia.

Referiuse, despois, aos fins da reprodución non reproductiva: o que procura material para a investigación e a experimentación (non terapeutico), e o que pretende tratamento dunha doenza determinada (terapéutico). Rematou cunha completa exposición sobre as células iPS (induced Pluripotent Stem Cells) ou células reprogramadas, que son células embrionarias obtidas a partir de células somáticas mediante a manipulación de catro xenes.

A doutora Aitziber Emaldi, da Universidade de Deusto, encarou o tema Aspectos xurídicos da clonación e da investigación con embrións, debullando a urdime legal que rodea á investigación biomédica, dende o Convenio do Consello de Europa sobre Biomedicina (1997 – 2000) ás leis e decretos que constituen a normativa española correspondente. Foi especialmente ilustrativa a referencia aos problemas xurídicos que presentan as células iPS (manipulación xenética de liña xerminal) e o requintado eufemismo utilizado polos xuristas para non chamar clonación á clonación: “Activación de ovocitos mediante transferencia nuclear”.

Continue reading