Tag

bibliografía

Carlos Casares, Publicacións

Á marxe, 1995. Obra xornalística IV

A produción xornalística de Carlos Casares continuou en 1995 a través da súa columna ‘Á marxe’, a ventá á que cada día se asomaba nas páxinas de La Voz de Galicia para conversar coa que, xa por entón, era unha lexión de seguidores. Para este ano, a estrutura e o ton do artigo estaba completamente establecida: un comentario relaxado, con…

Continue reading
Carlos Casares, Publicacións

Conversas con Ánxel Fole

Editado por Galaxia en 1984, Conversas con Ánxel Fole é a transcrición feita por Carlos Casares dunha charla mantida en Lugo, en xaneiro de 1983, co gran autor da narrativa breve galega. O libro, escrito coa mestría e a precisión casariana, reflicte un momento no que a calquera amante das boas historias lle gustaría ter estado: unha conversa chea de anécdotas incribles…

Continue reading
Carlos Casares, Noticias

Otero Pedrayo

O estudo sobre Ramón Otero Pedrayo culminou en 1981 a serie de biografías sobre persoeiros galegos que Carlos Casares Mouriño escribiu para a colección Conciencia de Galicia, editada por Galaxia. Trátase neste caso dunha obra de maior extensión e detalle que as dúas anteriores, centradas en Manuel Curros Enríquez e Vicente Risco. Nela, a precisión do biógrafo imprégnase da sensibilidade…

Continue reading
Carlos Casares, Publicacións

Curros Enríquez

A figura de Manuel Curros Enríquez foi a primeira das estudadas por Carlos Casares para a colección Conciencia de Galicia, editada por Galaxia nos primeiros anos 80, á que achegou tamén biografías de persoeiros como Vicente Risco e Otero Pedrayo. Trátase dun libro de pequena extensión mais de gran fondura, pois achégase a unha personalidade tan atraente como enigmática, a…

Continue reading
Carlos Casares, Publicacións

Á marxe, 1993. Obra xornalística II

É 1993 o primeiro ano completo no que as columnas de ‘Á marxe’ aparecen cada día na contraportada de La Voz de Galicia. Casares establece para entón a estrutura que dominará a maior parte das súas contribucións ao xornal: textos breves, de prosa case transparente, divididos en tres parágrafos e que serven xa como guía para o día a día…

Continue reading