Lolo quere que os Reis lle traian unha bicicleta, pero por máis que o intenta non o consegue. Así que decide empezar a practicar na do seu pai, un ciclista nefasto. Faino ás agachadas, no garaxe, con tanta insistencia e en tan pouco espazo que acaba por converterse nun fenómeno.

Este novo libro infantil de Carlos Casares é, unha vez máis, un canto á liberdade e ao goce das cousas máis sinxelas: un paseo en bici, unha boa receita, a familia… Lolo anda en bicicleta editouse en 1996 con debuxos de Manuel Uhía, que recibiu por elas o Premio Rañolas ao libro mellor ilustrado. Foi traducido ao valenciano, o catalán e o euskera.