Tras a estadía de Mariñán (Bergondo), os Diálogos inician unha nova etapa na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) do monte Gaiás. Serán, pois, os I Diálogos Literarios do Gaiás que, co mesmo formato, se celebrarán na primeira semana de xuño no excepcional edificio da Biblioteca de Galicia, reunindo autores, editores, críticos e profesores do ámbito galego con personalidades destes campos do ámbito internacional, para seguir intercambiando opinións e experiencias sobre o proceso literario no seu máis amplo sentido.

Os Diálogos Literarios, coordinados polo poeta Román Raña, organízanse este ano en colaboración co Centro PEN Galicia, e concentra un excelente plantel de escritores e escritoras que falarán, entre outros temas, dos posibles significados de escribir na rede, do relato da Historia e das historias, etc.

Estarán nos Diálogos Literarios do Gaiás escritores como Ana María Moix, Jorge Edwards, Marcos Calveiro, Llucía Ramís, Iolanda Zúñiga, Sérgio Luís de Carvalho, Miren Agur, Elena Medel, etc.

As persoas interesadas en participar nalgunha das sesións da actividade poden dirixirse ao seguinte correo electrónico para solicitar praza: info@fundacioncarloscasares.org

Enlace: Díptico I Diálogos Literarios do Gaiás