A compañía Tanxarina estreou onte en Cangas a súa adaptación de A galiña azul, o texto clásico de teatro para nenos e nenas que escribiu Carlos Casares en 1968. O espectáculo, dirixido e adaptado por Cándido Pena, é a última das propostas escénicas baseadas na obra do autor homenaxeado co Día das Letras Galegas 2017.A galiña azul que propón Tanxarina combina traballo actoral con monicreques, unha combinación marca da casa nunha compañía das máis veteranas de Galicia. En escena combínanse técnicas de manipulación de bonecos, a cargo de Pablo Giráldez Pastor, creador dos mesmos; e a presenza sobre as táboas dos actores Miguel Borines Fernández, Andrés Giráldez Rio e Eduardo Tatán.
O espectáculo estreouse onte no marco da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, unha vila na que Casares exerceu como mestre durante os anos setenta e moi relacionada, polo tanto, coa traxectoria literaria e vital do autor.
























