A Fundación Carlos Casares vén realizando un labor de difusión do labor cultural e creativo que supón a figura do libro, substanciado nas exposicións “As caras dos libros” e “A colección Árbore e María Victoria Moreno”. Estas dúas mostras, no seu conxunto, analizan o valor cultural e a estrutura dun libro, a súa historia e os distintos deseños que foi adquirindo. Céntrase en dous exemplos fundamentais da literatura galega: a obra de Carlos Casares nas súas distintas edicións e a colección de literatura infantil e xuvenil Árbore (nacida en 1998 en Galaxia).

O CEP Carlos Casares foi o centro elixido nesta ocasión para que, ademais do seu alumnado, calquera outro centro ou visitante poida achegarse e descubrir a cultura e a creatividade da ilustración, da maquetación, da tradución e da escrita nas súas múltiples facetas e perspectivas.

A mostra permanecerá aberta ata o 29 de marzo no centro escolar. Proximamente visitará outros lugares de Galicia, e calquera centro interesado en acollela pode contactar coa Fundación Carlos Casares.

 

Máis información sobre a exposición: “As caras dos libros”