Tag

Fundación

Noticias

Novo sitio web da fundación

Dende hai uns días o sitio web da Fundación Carlos Casares volve estar operativo despois de varios meses de actualización e probas. A pesar de que aínda segue en fase de probas, e quedan aspectos de deseño e material que ir pulindo, pódese consultar toda a información relativa á nosa entidade e ás actividades que realiza. REDESEÑO DE MENÚS E…

Continuar
Noticias

Un estudo salienta o desempeño da Fundación nas redes sociais

Durante as sesións de Guimarães do I Congreso Ibérico de Casas Museo / XIX Encontro de ACAMFE, presentouse o estudo titulado “Promoção da Literatura nas Casas-Museus e Fundações de escritores em Portugal e Espanha através das redes sociais”, a cargo de Luísa Alvim, da Fundación Camilo Castelo Branco (Vila Nova de Famalicão). Neste estudo, onde se analizan diversas variables relativas…

Continuar
Noticias

A ACAMFE englobará entidades culturais de España e Portugal

Dende onte día 9 e ata o vindeiro 13 de outubro terá lugar a XIX Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Casas-Museo e Fundaciones de Escritores, ACAMFE. Os actos iniciáronse en Santiago de Compostela, continuando o día 11 as súas sesións e actividades nas cidades portuguesas de Familicão e de Guimarães, Capital Europea da Cultura 2012. A ACAMFE, creada en…

Continuar
Noticias

A Fundación cumpre 10 anos

Onte foi 15 de xullo e, como tal día, dez anos atrás, nacía a Fundación Carlos Casares en Vigo. Así que temos xa unha década e un pouquiño máis, e aínda que as circunstancias non propician festas nin efusións de xúbilo, queremos recordar neste día, e darlles as grazas  a todas as persoas que nos axudaron a chegar ata aquí….

Continuar
Noticias

Falece en Vigo Kristina Berg

Esta mañá faleceu Kristina Berg Casares como consecuncia de complicacións no seu estado de saúde. Kristina Berg levaba ingresada nun centro hospitalario de Vigo desde hai dúas semanas por causa dunha neumonía e alí permanecía en estado grave aínda que estable. Despois dunha melloría que fixo albergar esperanzas dunha pronta recuperación, un derrame complicou o seu estado e venceu a súa…

Continuar
Actividades, Noticias, Publicacións

Arquivo audiovisual de actividades da Fundación

A Fundación Carlos Casares leva desenvolvendo a súa actividade cultural dende a súa constitución, en setembro de 2002. Tras case dez anos de incansable labor, queremos poñer á vosa disposición o arquivo audiovisual de actividades da fundación, que iremos incrementando na medida das nosas posibilidades e cos novos proxectos que vaian xurdindo. Case unha década de conferencias sobre unha múltiple…

Continuar